Novas

xoves, 15 de xuño de 2017

COMEZA A TEMPADA DE VIXIANCIA E SOCORRISMO CON 44 EFECTIVOS REPARTIDOS ENTRE 8 PRAIAS APTAS AO BAÑO

Os socorristas foron contratados directamente polo Concello para un período de tres meses con 7 días de descanso e retribucións conforme ao convenio



COMEZA A TEMPADA DE VIXIANCIA E SOCORRISMO CON 44 EFECTIVOS REPARTIDOS ENTRE 8 PRAIAS APTAS AO BAÑO

Ferrol, 15 xuño.- O Concello de Ferrol iniciaba este mediodía a tempada estival de salvamento e socorrismo nas praias do municipio aptas para o baño. Os 44 efectivos seleccionados (43 socorristas e un coordinador) asinaron xa os seus contratos laborais por un período de tres meses, ata o 14 de setembro, coas retribucións acorde o convenio e dereito a 6 días de vacacións e un de asuntos propios, con horario de luns a domingo de 12 a 20:00 horas.


A selección e contratación dos efectivos fíxose de forma directa, a través do departamento de Recursos Humanos, cunha convocatoria pública de emprego. Por segundo ano consecutivo, o Goberno local realiza a xestión directa do servizo, ampliando un mes o tempo de servizo con respecto ao 2014, e ampliando o número de efectivos.


O reparto de efectivos por praias é o seguinte:


  1. A Graña: 3

  2. Penencia: 5

  3. Doniños: 11

  4. San Xurxo: 5

  5. Esmelle: 5

  6. A Fragata/Vilar: 8

  7. Santa Comba-Marmadeiro: 3

  8. Ponzos: 3


Está previsto reforzar o servizo de Doniños e Esmelle, sumando un socorrista en cada unha das praias, toda vez que se cubran os dous postos vacantes a través dunha nova convocatoria pública de emprego para aqueles candidatos que cumpran cos requisitos e non puideron concorrer a primeira oferta.


As catro praias que lucirán neste verán o distintivo de Bandeira Azul que certifica a súa calidade ambiental terán completos todos os servizos nesta fin de semana e quedan pendentes reparar ou completar os pasareas -pasarelas de madeira que facilitan a accesibilidade- e a colocación dos letreiros informativos nas dos litoral. Traballase no acondicionamento das praias urbanas de Caranza, A Cabana, A Graña , Cariño e San Felipe.


O importe que o Goberno local destina ao acondicionamento das praias este verán 2017 suma 31.460 euros en dous contratos menores para a reparación dos elementos danados nas praias e a instalación de elementos (casetas,..) publicados na web municipal.


Desde hoxe mesmo, a limpeza dos areais será manual, preferentemente, e diaria. Técnicos municipais e representantes da SGHN visitaron hoxe algunhas das praias para determinar como proceder nesta tarefa respectando os espazos dunares. Acordouse que o tractor recolector será un apoio puntual no espazo intermareal.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar