Novas

venres, 16 de xuño de 2017

HOXE REMATA O PRAZO PARA OPTAR As 460 PRAZAS DUN DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN DO CONCELLO DE FERROL

Ate o momento, presentáronse 327 solicitudes para 453 menores e aínda quedan algunhas prazas vacantes, fundamentalmente, para agosto As fichas para facer a inscrición están a disposición dos interesados no Rexistro e o prazo remata as 14:00 horas deste venres


HOXE REMATA O PRAZO PARA OPTAR As 460 PRAZAS DUN DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN DO CONCELLO DE FERROL

Ferrol, 16 de xuño.- Este venres as 14:00 horas remata o prazo aberto o día 9 polo Concello de Ferrol para que as familias con nenos empadroados no municipio poidan solicitar praza nos cinco campamentos temáticos da Concellería de Igualdade para conciliar no verán 2017.


Ata as 14:00 horas do 15 de xuño, se tiñan presentado 327 solicitudes para a inscrición de 453 menores. Foron denegadas 18, todas por non cumprir co requisito de estar empadroado no Concello de Ferrol. Polo tanto, as familias aínda están a tempo de solicitar praza e optar a un deles, fundamentalmente para o mes de agosto, no que aínda quedan vacantes.


Os interesados teñen que presentar a súa solicitude por Rexistro no Concello de Ferrol antes das 14:00 horas de hoxe. As fichas están a súa disposición na planta baixa. A relación de admitidos e campamentos asignados publicaranse na próxima semana no taboleiro de anuncios, na web municipal e no propio rexistro.


En total, como xa informamos, serán cinco campamentos que se reparten entre 7 localizacións no ámbito rural e urbano do municipio: Serantes, Santa Mariña, Covas e Esmelle, Praza de España e Ferrol Vello con preto de 500 prazas (460) nos meses de xullo e agosto, de luns a venres, en horario de 8:30 a 14:30 para nenos de 3 a 13 anos, divididos por grupos de idade.


  1. PequeEmprende:

    -no pavillón de Santa Mariña (xullo), con 80 prazas

    -na AVV Serantes, (agosto), con 80 prazas.



  1. Lendas de Barrio, memoria para o futuro:

    -Xullo: Ludoteca da Praza de España e praza de Sevilla. 40 prazas.

    -Xullo, Esteiro (AVV San Carlos): 40 prazas

    -Agosto, Ferrol Vello (Centro Cívico e Praza Vella): 80 prazas

  2. Parque Natura 2017:

    -Xullo: AVV Esmelle, 70 prazas

    -Agosto: AVV Covas, 70 prazas


Son completamente de balde e as prazas cubriranse por rigoroso orde de inscrición. Para optar a un dos obradoiros, a escoller entre os cinco ofertados, será imprescindible que o menor estea empadroado no Concello de Ferrol no día da apertura do prazo das solicitudes, agás os menores acollidos por familias do Concello ao abeiro do programa Vacacións en Paz.


Os menores que non obteñan prazas, crearase unha lista de espera e iranse incorporando na medida que se produzan as baixas.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar