Novas

luns, 10 de xullo de 2017

AS NOSAS PRAIAS, ESPAZOS DE XOGO E DIVERSIÓN PARA OS MENIÑOS

Hoxe arrancamos coa Ludoteca Itinerante de verán polas praias de Esmelle, San Xurxo e Doniños É unha actividade completamente de balde nas praias, de luns a venres para nenos de 3 a 13 anos con 50 prazas por cada queda de 16 a 20:00 horas Os nenos non precisan de inscrición previa e poden repetir actividade sempre que queden prazas sen cubrir


AS NOSAS PRAIAS, ESPAZOS DE XOGO E DIVERSIÓN PARA OS MENIÑOS

Ferrol, 10 de xullo.- Este verán estaremos nas praias de Esmelle, San Xurxo e Doniños coa L U D O T E C A  I T I N E R A N T E do Concello de Ferrol,

para nenos de 3 a 13 anos complentamente de balde entre as 16 e as 20:00 horas e cun bo feixe de actividades.

É unha actividade da Concellería de Mocidade do Concello de Ferrol que non te podes perder. Hai 50 prazas de balde, en cada quenda e os nenos poden estar un máximo de dúas horas, e repetir sen necesidade de inscrición previa e 5 monitores.

Arrancamos o vindeiro luns na praia de Esmelle. Búscanos.

Aquí tes as datas,

10/07 – 28/07, PRAIA DE ESMELLE

31/07 – 18/08, PRAIA DE DONIÑOS

21/08 – 08/09, PRAIA DE SAN XURXO

DIRIXIDO A NENOS/AS DE 3 A 13 ANOS

 

DE LUNS A VENRES DE 16:00 A 20:00 HORAS

 

ESTANCIA MÁXIMA : 2 HORAS

 

SERVIZO MUNICIPAL GRATUÍTO

EN CASO DE MAL TEMPO A ACTIVIDADE

TRASLADARASE AO LOCAL SOCIAL DE COVAS

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar