Novas

martes, 11 de xullo de 2017

ÁBRESE UN NOVO PRAZO EXTRAORDINARIO PARA OFERTAR 67 PRAZAS EN CAMPAMENTOS DE IGUALDADE EN AGOSTO

O prazo ábrese este mércores 12 no Rexistro xeral do Concello e pecha o venres 14 as 14:00 horas e cubriranse por orde de inscrición Ofértanse 67 prazas nos obradoiros naturais de Covas (37) e no PequeEmprende de Serantes (30) para nenos de 3 a 13 anos


ÁBRESE UN NOVO PRAZO EXTRAORDINARIO PARA OFERTAR 67 PRAZAS EN CAMPAMENTOS DE IGUALDADE EN AGOSTO

Ferrol, 11 xullo.- O Goberno de Ferrol ven de habilitar un novo prazo extraordinario para inscribirse nos campamentos de verán do Concello de Ferrol para o mes de agosto 2017. Trátase de cubrir as 67 prazas que quedaron vacantes na primeira quenda e darlle aos nenos e nenas que quedaron na lista de garda, e as familias interesadas, a oportunidade de conciliar nos meses de verán cos dous obradoiros en Serantes (30 prazas) e na AVV de Covas e Esmelle, con 37 vacantes.


Son dous obradoiros temáticos da Concellería de Igualdade, PequeEmprende no local da AVV de San Salvador de Serantes e Parque Natural, en Covas, con actividades mais ligadas ao entorno ambiental. Están dirixidos a nenos de 3 a 13 anos e son completamente de balde.

O prazo ábrese mañá, mércores 12 no Rexistro Xeral do Concello onde estará a ficha de inscrición a disposición das familias e titores. Péchase as 14:00 horas do venres 14.


Estas 67 prazas quedaron vacantes da oferta de 460 que lanzou o Concello de Ferrol con 5 obradoiros en 7 localizacións do ámbito urbano e rural, que tiveron moi boa acollida en Praza de España, Ferrol Vello, Esteiro, Santa Mariña, Serantes, Covas e Esmelle. Do mesmo xeito que nas prazas anteriores, para estas 67 Atenderanse as solicitudes por orden de inscrición seguindo os seguintes criterios de preferencia:


1º- As/os menores empadroadas/os no Concello de Ferrol que non optaron a ningún obradoiro temático ofertado na convocatoria anterior deste ano.


2º- As/os menores empadroadas/os no Concello de Ferrol que xa optaron a algún obradoiro temático ofertado na convocatoria anterior deste ano e queren repetir.


3º- As/os menores non empadroadas/os no Concello de Ferrol.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición.


Para os/as menores que non obteñan praza, crearase unha lista de espera, e iranse incorporando na medida que se produzan baixas.



LUDOTECA ITINERANTE VERÁN 2017
Lémbravos, tamén, que seguimos en Esmelle hoxe a tarde coa Ludoteca Itinerante do litoral. de 16 a 20:00 horas, con 50 prazas para nenos de 3 a 13. Non precisa inscrición. .

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar