Novas

venres, 14 de xullo de 2017

"COMO CONCELLEIRO TEÑO A OBRIGA DE GARANTIR A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE COMEDORES ESCOLARES, ALMORZOS E XANTARES, NOS 10 CEIP DO MUNICIPIO NAS MELLORES CONDICIÓNS POSIBLES AO INICIO DE CADA CURSO"

Aquí vos deixamos parte das reflexións que facía este mediodía o concelleiro de Educación, Suso Basterrechea, este mediodía no Concello de Ferrol sobre os comedores escolares, así como una comparativa de prezos da achega municipal por menú aos 10 CEIP do Concello de Ferrol.


"COMO CONCELLEIRO TEÑO A OBRIGA DE GARANTIR A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE COMEDORES ESCOLARES, ALMORZOS E XANTARES, NOS 10 CEIP DO MUNICIPIO NAS MELLORES CONDICIÓNS POSIBLES AO INICIO DE CADA CURSO"

Ferrol, 14 xullo.- Lembrar, en calquera caso, tal e como manifestou o concelleiro, que é un servizo que non lle compete ao Concello de Ferrol e que debera asumir a Xunta, que ten as compentencias en materia educativa.

Con todo, o Concello de Ferrol realiza cada curso un esforzo enorme por garantir a prestación do servizo nos dez CEIP do municipio, cunha media 202 almorzos e 354 menús de xantar no curso escolar -datos do 1 trimestre do 2017- , sobre a base dun prego de condicións que foi considerado modélico e e mesmo serviu de base noutras grandes cidades e concellos de Galicia porque recolle aspectos para a mellora da calidade do servizo como garantir que se aporten lácteos de orixe galega ou introducir os alimentos frescos estacionais para incrementar o valor nutricional dos mesmos.

O incremento da achega municipal por menú e alumno en termos porcentuais pasou, neses curso, a incrementar un 56,1% no caso dos xantares, con 1,92 euros por menú e alumno, e a un 247,37% no caso dos almorzos, nos que o Concello aporta 1.98 euros.

A ratio de alumnos nalgúns centros para algún destes servizos é de 2, 4, 6 ou 9 alumnos, fronte aos 68 nenos que almorzan noutros centros do municipio.

O concelleiro, que mantivo durante todo este tempo unha vía de comunicación aberta e activa coas FEANPAS, manifestaba hoxe desde o repeto absoluto a loita destes colectivos por mellorar a prestación do servizo, que tomando como base os datos, a demanda de dous monitores de comedor por centro non é viable neste momento.

"Como concelleiro teño a obriga de garantir que en setembo, co inicio do curso, todos os centros escolares públicos do municipio teñan un servizo de almorzo e xantar nas mellores condicións posibles tendo en conta todos estes condicionantes e para iso, hai que garantir que algunha empresa se presente, algo que estaba en severo risco", manifestou Basterrechea.

"Este modelo de xestión dos comedores é un modelo que, tal e como defende a Feanpa e tal e como eu defendín, está chamado a modificarse. O ideal sería que a Xunta asumira este servizo como unha parte mais do sistema escolar galego, pero en tanto iso non sexa posible, pediría que sigamos a facer xuntos un esforzo de presión, e mentres, o que nos toca e o que me toca e atopar o mellor sistema posible e viable", rematou.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar