Novas

xoves, 07 de setembro de 2017

O CONCELLO DE FERROL LEVA RETIRADOS 233 NIÑOS DE VESPA VELUTINA DESDE XANEIRO

Ferrol é un dos concellos galegos que mais activamente combate esta praga invasora No que vai de 2017, o corpo de bombeiros do parque de Ferrol atedeu 357 alertas e retirou 233 con medio propios


Ferrol 7 de setembro.- Desde o 1 de xaneiro do 2017, o corpo de bombeiros do parque de Ferrol levan retirados 233 niños de vespa velutina, unha especie invasora, localizados no termo municipal. De feito, Ferrol é un dos concellos galegos onde mais activamente se combate esta praga de acordo aos datos que figuran na páxina web da Administración galega sobre este asunto que causa fonda preocupación entre a veciñanza.


En total, no que vai de ano, os bombeiros recibiron 357 alertas por niños para inspección dos que foron retirados 233. No conxunto do ano 2016, o número de incidencias por velutina (inspección e retirada) foi de 460 nos 12 meses.


O concelleiro de Seguridade, Álvaro Montes, e o xefe do corpo de bombeiros do parque de Ferrol destacaron hoxe novamente que combater a velutina no termo municipal é un esforzo que asumen, maioritariamente, os bombeiros da cidade con medios municipais malia que a competencia da loita contra as especies invasora é autonómica e reclaman da Xunta de Galicia mais apoio económico, en persoal e de medios para combater a velutina e os seus efectos nocivos no medio.


Achegamos un cadro co detalle das intervencións por meses do ano 2017.


A Xunta de aporta tres traxes mentres que outros tres proceden do Consorcio Provincial Contra incendios da Deputación. O Concello asume os gastos de gasoil -cun incremento de 500 litros por mes- e das pértegas (2.000 euros), ademais de materiais e insecticidas e aportar o persoal formado para levalo a cabo.



¿QUÉ FACER SE SOSPEITA DA PRESENZA DUN NIÑO DE VESPA?


Se vostede detecta ou sospeita da presenza dun niño, pode chamar ao 012, a 112, o ben, a Oficina de Atención a Cidadanía (OAC) do Concello de Ferrol -981 40 00 00- para proporcionar os datos, que se lle transfiren ao parque de bombeiros para que procedan a erradicalo no prazo mais breve posible, en función da súa carga de tr

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar