Novas

venres, 08 de setembro de 2017

OQUESTRADA, ELISEO PARRA, O 'NIÑO DE ELCHE' E MÜMBANA, PROTAGONISTAS DA III EDICIÓN DO CICLO 'NA RAÍZ'

Este ciclo, que afonda na música tradicional desde unha óptica moderna, é unha das apostas mais fortes e mimadas da Concellería de Cultura para o outono Haberá un concerto ao mes de setembro a novembro, sempre os venres as 21:00 horas no teatro Jofre coas entradas a un prezo único de 10 euros


OQUESTRADA, ELISEO PARRA, O 'NIÑO DE ELCHE' E MÜMBANA, PROTAGONISTAS DA III EDICIÓN DO CICLO 'NA RAÍZ'

Ferrol, 8 setembro.- Na raíz celebra este outono 2017 o seu terceiro cumpreanos con catro convidados de excepción: a banda lusa Oquestrada, un son cosmopolita que se inspira na memoria musical de todo un país, Eliseo Parra, todo un referente do folclore ibérico, o 'Niño de Elche', un cantaor atípico cun estilo moi persoal que mistura cante e performance, e Mümbana, poeta e multinstrumentista natural das Ilhas Bijagos, en Guinea Bissau, con 10 discos as súas costas que ven de xirar por escenarios de Europa e América cunha grandísima acollida a súa viaxe polo sons de África.


A terceira edición do ciclo Na Raíz foi presentado este mediodía polo Concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea.


É unha das apostas mais fortes que se fixeron desde a Concellería de Cultura, tanto por novidosa como pola súa curiosa e coidada combinación da música tradicional e de raíz, coa modernidade e a vangarda na súa interpretación. O resultado e a III edición dun proxecto particularmente mimado que está a ter tan boa acollida do público e da crítica como o recoñecemento na escena cultural do Estado.


É un ciclo propio e moi ambicioso ao que lle teño moito cariño porque fala da tradición desde a modernidade”, manifestou o concelleiro, que subliñaba o excelente nivel artísticos dos catro músicos que dan forma a esta III edición na que, unha vez mais, o deseño do cartel é obra de Elga Fernández.


Todos os concertos serán os venres as 21:00 horas a un prezo único de 10 euros no Teatro Jofre. Achegamos a programación completa e unha breve reseña dos artistas.


PROGRAMACIÓN


MÛ MBANA

Guiné-Bissau

15 de Setembro de 2017

Hora: 21h00

Entradas: 10€


Natural da illa de Bolama en Guinea-Bissáu, medrou influenciado polos cantos das mulleres dos grupos étnicos Brame (Mancanha) e Bijagos (Bidjugu). Multinstrumentista, compositor e poeta, a madurez da súa música e os instrumentos que o acompañan (cordas tradicionais) son como un reflexo material da súa alma viaxeira e tranquila. Con 10 discos xa editados e miles de escenarios de África, América e Europa ás súas costas, achégase agora ao Jofre para presentarnos a súa proposta máis íntima, unha viaxe polos sons africanos. Pura maxia.


OQUESTRADA

Portugal

20 de Outubro de 2017

Hora: 21h00

Entradas: 10€


Un son único e cosmopolita inspirado nas raíces da música popular portuguesa”.
O
destino fixo que Marta e Pablo se encontraran á volta do camiño. Ela lisboeta, actriz durante anos, percorreu co seu canto os escenarios dunha Lisboa escondida e noctámbula: cafés, restaurantes e tascas caboverdianas onde acontecían as longas noites fadistas. Pablo medrou nos suburbios de París achegado á comunidade portuguesa, que o vía partir cada verán. Un día decidiu acudir ao encontro do seu Portugal imaxinario e así naceu unha aventura humana e artística que ten por esencia a memoria colectiva dun país en transición.


ELISEO PARRA

10 de Novembro de 2017

Hora: 21h00

Entradas: 10€

Eliseo Parra é unha das figuras máis representativas do folclore ibérico. Leva adicado á música desde os anos 60, pero foi na década dos 80 na que comenzou a investigar e estudiar a música tradicional castellana. Os seus discos inspiraron a todos os novos intérpretes folk, xa que o seu xeito de innovar a partir das recolleitas de canto tradicional é un referente.
Acompañado por Xavi Lozano e Josete Ordóñez, presentaranos o repertorio do seu último disco pero tamén fará un repaso polo seu repertorio máis significativo.








Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar