Novas

mércores, 13 de setembro de 2017

FerrolNaturalmente, Fotografía, cociña fría, teatro, baile moderno e ximnasia rítmica, na oferta educativa de Artellando para este curso escolar 2017/2018

O prazo para solicitar praza abre mañá xoves 14 ate o 22 de setembro, ambos inclusive, coa ficha no Rexistro ou a través da web www.ferrol.es/educacion


FerrolNaturalmente, Fotografía, cociña fría, teatro, baile moderno e ximnasia rítmica, na oferta educativa de Artellando para este curso escolar 2017/2018

Ferrol, 13 setembro.- A Concelleira de Cultura, Ensino e Universidade ven de anunciar o inicio do prazo de inscrición para solicitar praza en Artellando 2017-2018, o programa educativo municipal de actividades extraescolares intercentros do Concello de Ferrol.


Son seis os obradoiros que se ofertan para este curso escolar, atendendo a demanda dos centros e a resposta en anos anteriores son os seguintes: FerrolNaturalmente, con saídas guiadas ao medio natural coa colaboración da SGHN, cociña fría, fotografía, teatro, baile moderno e ximnasia rítmica.


O concelleiro de Educación, Suso Basterrechea, lembraba hoxe que estes obradoiros van dirixidos os alumnos matriculados nos centros de ensino de Educación Primaria do Concello de Ferrol, tanto públicos como concertados (CEIPs e CPR).


Todas estas actividades veñen promovidas e sufragadas polo Concello de Ferrol e son de balde para os rapaces e rapazas.


Serán grupos de 12 alumnos por grupo, todos os venres de outubro e novembro, salvo no caso de FerrolNaturalmente, que será os sábados, e que dispón de 24 prazas.

¿Cómo facer a inscrición? As solicitudes formalizaranse mediante instancia no Rexistro Xeral do Concello. Deberá presentarse unha soa solicitude por cada alumna/o solicitante dos obradorios ofertados, aínda que se solicite máis de un obradoiro, indicando a orde de preferencia tanto no obradoiro como no horario do grupo (1 o de maior interese, 2 ou seguinte e así sucesivamente).

As solicitudes estarán asinadas pola nai, pai ou titor/a legal da/o alumna/o. O prazo ábrese este xoves 14 ate o 22 de setembro, ambos inclusive.

O día 29 de setembro publicaranse as listas provisionais de admitidas/os e de excluídas/os no taboleiro de editos do Concello e na páxina web da Concellería de Educación (http://www.ferrol.es/educacion). A selección será por rigoroso orde de presentación das solicitudes. Achégase un modelo de ficha. Poderase conceder unha segunda actividade no caso de que queden vacantes e compatibilidade horaria.

A confirmación da praza realizarase no negociado de Educación os días 2 e 3 de outubro ou ben, a través do correo educacion@ferrol.es


Aquí vos indicamos o cursos, horarios, datas e a quen vai dirixido.


1. FOTOGRAFÍA, Nas rúas de Ferrol e na sala de ordenadores da Biblioteca municipal central

1º,2º,3º,4º,5º e 6º E.Primaria

24 (12 / 2 grupo)


horarios venres 6, 13, 20 e 27 outubro/ 3, 10, 17 e 24 novembro

Grupo 1: 16:30 a 18:00 Grupo 2: 18:00 a 19:30


2. TEATRO, Edificio Municipal do antigo Hospicio

1º,2º,3º,4º,5º e 6º E.Primaria 12 (1 grupo)


6, 13, 20 e 27 outubro/

3, 10, 17 e 24 novembro

17:00 a 18:30


3. COCIÑA FRÍA, no Centro Torrente Ballester

1º,2º,3º,4º,5º e 6º E.Primaria 24 (12 /2 grupo)

VENRES: 6, 13, 20 e 27 outubro/ 3, 10, 17 e 24 novembro

Grupo 1 17:00 a 18:30

Grupo 2: 18:30 a 20:00


4. FERROL, NATURALmente!

Polas parroquias do Concello de Ferrol e no Museo da Sociedade Galega de Historia Natural

4º, 5º e 6º E.Primaria 24 (1 grupo)

SÁBADOS :

7, 14, 21 e 28 outubro/

4, 11, 18 e 25 novembro

Grupo único: 10:00 a 13:00




5- XIMNASIA RÍTMICA, CEIP Cruceiro de Canido

1º,2º,3º,4º,5º e 6º E.Primaria 24 (2 grupos)


VENRES: 6, 13, 20 e 27 outubro/ 3, 10, 17 e 24 novembro Grupos 1 e 2: 16:00 a 17:30



6. BAILE MODERNO CEIP , no Cruceiro de Canido

1º,2º,3º,4º,5º e 6º

E.Primaria 24 (2 grupos) VENRES:

6, 13, 20 e 27 outubro/

3, 10, 17 e 24 novembro

Grupos 1 e 2:

17:30 a 19:00

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar