Novas

luns, 09 de outubro de 2017

FERROL E LUGO CELEBRAN 17 ANOS DE IRMANDADADE NO SAN FROILAN 2017

Jorge Suárez encabezou a comitiva da cidade naval desprazada a cidade das murallas na xornada do sábado 7


FERROL E LUGO CELEBRAN 17 ANOS DE IRMANDADADE NO SAN FROILAN 2017

 Ferrol, 7 outubro .- Como vén sendo habitual hai 17 anos, desde que se oficializou un irmandamento entre dúas cidades que teñen vínculos moito mais antigos, os festexos do San Froilán 2017 dedicaron a xornada deste sábado ao Día de Ferrol.


O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, encabezou a comitiva da cidade naval desprazada a Lugo na xornada do sábado 7 para participar dos actos institucionais, onde foron recibidos polo alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. Ambos presidiron os actos conmemorativos, que arrincaron coa tradicional recepción á corporación e á veciñanza da cidade departamental na Casa Consistorial, seguida dunha comida de confraternidade nas casetas do polbo.


Durante a recepción, Suárez e Méndez lembraron o irmandamento formal entre as dúas cidades, "de fai relativamente pouco", uns 17 anos, pero cun vínculo de moitos anos, "e moitos máis perdurará, porque cando hai unha boa cimentación, unha boa base e unha boa estrutura as cousas perduran no tempo, como este irmandamento".


Aludiron á defensa do municipalismo por enriba de todo, que comparten tanto a cidade luguesa como a ferrolá, e ao labor dos goberno locais para tentar solventar as dificultades que afectan directamente aos veciños e veciñas. Méndez sinalou que Lugo e Ferrol, ao tratarse de dúas cidades similares, é posible que no futuro poidan defender proxectos comúns.


"Lugo e Ferrol teñen moitísimas cousas en común e loitamos por moitas necesidades en común"; como por exemplo non quedar illados, manifestou a alcaldesa de Lugo.


Finalizadas as intervencións, Suárez e Méndez intercambiarónse distintos agasallos no nome das respectivas corporacións. O Concello de Ferrol entregou ao de Lugo unha placa onde está representado o Concello de Ferrol e a saída do Camiño Inglés; así como o libro Baixo as mesmas nubes, que recolle edificicacións, mostra de modernismo, de Ferrol; mentres que a Corporación lucense agasallou á ferrolá co libro O polbo no San Froilán de Lugo, de Teresa Pena e Fernando Arribas, o último número da colección San Froilán dos Devanceiros, e unha figura conmemorativa.



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar