Novas

martes, 10 de outubro de 2017

ELECTRA, TRAXEDIA GREGA EN CLAVE DE COMEDIA ESTE SÁBADO NO TEATRO JOFRE

The Pure of Being Pure at Heart, un dos grupos revelacións escena indie neoiorquina, este venres 13 no Jofre Xa están a venda na web www.ferrol.es/jofre as entradas para os concertos de Lila Downs, Eillen Jewell, Bill Callahan e Carlos Núñez Pódense adquirir na billeteira do Jofre no horario habitual, de martes a venres de 11 a 13 e de 18 a 20:00 horas


ELECTRA, TRAXEDIA GREGA EN CLAVE DE COMEDIA ESTE SÁBADO NO TEATRO JOFRE

Ferrol, 10 de outubro.- 'Electra', unhas das mais célebres traxedia grega en ton de comedia. É a proposta, de altísima calidade, que nos trae para esta fin de semana ao teatro Jofre a Companhia do Chapitô, que logo de representar Edipo, se atreve a subir as táboas con outro título complexo (que non complicado) dentro da traxedia grega: Electra.


Na Atenas do rei Agamenón convócase unha guerra para liberar á bela Helena das garras do seu amante secuestrador. Ao non ter vento favorable para os seus barcos, Agamenón sacrifica á súa filla Ifigenia por indicación dos profetas. Este feito desencadea que Clitemnestra trame a súa vinganza xunto a Egisto, o seu amante e primo do rei. Todo esto e mais, o sábado 14 as 20:30 coas entradas a un prezo de 8 euros.


THE PAIN OF BEING PURE AT HEART, o VENRES 13 AS 21:00


Un día antes, será a banda revelación da escena indie neoiorquina a que deleite aos melómanos recalando en Ferrol para presentar, en directo, o seu novo disco.


A banda The Pain of Being Pure at Heart, fundada en Nova Iorque no 2017, está formada por: Kip Berman (voz e guitarra), Christoph Hochheim (guitarra; Ablebody, ex Depreciation Guild), Chris Shackerman (batería; ex Mercury Girls, ex Literature) e Jess Rojas (teclados e voces). Según eles mesmos recoñecen, entre as súas influencias cóntanse grupos como The Pastels, My Bloody Valentine, The Jesus and Mary Chain, Teenage Fanclub o Ride.


Todo un luxo que poderemos escoitar na nosa cidade este venres, nunha fin de semana ben completa no plano cultural, a escoller entre música, teatro, títeres co Festea, para un público familiar, completamente de balde o domingo 15 as 12:00 no CTB, con 'El Abuelo Teo', e teatro aficionado en Caranza, no ciclo Domingos a Escena, con 'El efecto Coriolis', de Dos Martín teatro, como sempre as 19:00 horas no Centro Cívico de Caranza.


XA A VENDA AS ENTRADAS PARA EILEN JEWELL, LILA DOWNS, BILL CALLAHAN E CARLOS NÚÑEZ


Por outra parte, na páxina web do Concello de Ferrol xa están a venda as entradas para os concertazos que se están por chegar ata o mes de decembro e que completan este derradeiro trimestre cultural do ano con nomes propios da música como Eilen Jewell, Lila Downs, Bill Callahan e Carlos Núñez.


BILL CALLAHAN, o sábado 28 de outubro as 21:00 horas no Auditorio.

Tambén coñecido como Smog, Bill é un músico estadounidense, pioneiro do xénero lo-fi, que nace a partir do rock alternativo. Comezou gravando temas en cintas na súa propia casa ate acadar o recoñecemento do público, e fichar polo selo discrográfico Drag City.


EILEN JEWELL, 17 de novembro 21:00 horas no Auditorio.

Logo de lanzar cinco álbums de cancións orixinais aclamadas pola crítica, a "raíña do acorde menor" decide esta vez atoparse co blues. Eilen Jewell vén cunha nova colección de vellas e audaces versións de blues e R&B que se suman á potente mestura de country clásico, folk e rock and roll que caracteriza a súa música orixinal. Desde o poderío dos barrelhouse da Bessie Smith dos anos 20, aos sons eléctricos da Betty James dos 60, a música blues foi sempre unha forte influencia para os nativos de Boise (Idaho).


LILA DOWNS, 25 de novembro as 21:00 horas no Auditorio.

Gañou o respecto de todos grazas á súa voz de reminiscencias telúricas e unha visión firme e confiada da multiculturalidade. No seu undécimo disco, Salón, bágoas e desexo, Downs reincorpora o bolero a un discurso que anteriormente xa se deixou querer polo jazz, o blues, o soul, a cumbia e mesmo o rap.


CARLOS NÚÑEZ, 21 de decembro as 21:00 no Jofre.

Carlos Núñez estará no Teatro Jofre dentro da súa xira de nadal. Este ano, o mago das gaitas e as frautas traeranos sorpresas ao Teatro que nos irá descubrindo. Colaboracións con músicos que nos sorprenderán e faranos viaxar pola esencia da música celta a través de países como Irlanda, Escocia ou Bretaña.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar