Novas

mércores, 11 de outubro de 2017

VENRES 13 PARA A 13º EDICIÓN DA FASHION NIGHT DE FERROL

Unha trintena de actividades de todo tipo: música, danza, descontos, degustacións e desfiles, para encher de vida as rúas da Magdalena O concelleiro de Promoción Económica, Álvaro Montes, e o presidente de ACOF, Cristóbal Nores, presentaron hoxe a próxima edición desta festado comercio que comeza as 20:00 horas ate a medianoite do venres 13


VENRES 13 PARA A 13º EDICIÓN DA FASHION NIGHT DE FERROL

Ferrol, 11 de outubro.- A Fashion Night de Ferrol celebra este venres 13 o súa edición número 13 desterrando calquera superstición e con prognóstico moi favorable no meteorolóxico e na participación para abrirlle as portas ao Outono 2017 renovando armarios e vivindo as rúas.


Con esta filosofía, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Álvaro Montes, e o presidente de ACOF, Cristóbal Nores, presentaban este mediodía no Concello os detalles da próxima edición que se vai a desenvolver este venres 13, de 20:00 a 00:00 horas nas rúas do barrio da Magdalena.


O evento conta co respaldo do Concello de Ferrol, a través dunha subvención de Promoción Económica e Emprego en concorrencia competitiva, e na súa organización se implica a a coordinación de Seguridade e a Policía Local, para peonalizar as rúas para favorecer o éxito e a asistencia a esta festa.


O concelleiro destacou a boa acollida que tivo sempre esta festa da moda, que foi medrando en participación e que serve para amosar unha faciana da cidade, viva, activa e dinámica, que é a mellor versión e o mellor escaparate para o comercio e a hostalería local.


Pola súa banda, Nores manifestou que a Fashion Night, logo de 12 edicións anteriores, xa se ten reivindicado como unha “festa propia” que non deixa de reinventarse sumando establecementos e propostas nunha xornada festiva que se estira ate a medianoite.


Achegamos o programa completo do evento.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar