Novas

mércores, 11 de outubro de 2017

+RURAL O GOBERNO ACHEGA OS INFORMES DE ACCIÓN DO PROGRAMA MAIS RURAL NESTE PRIMEIRO MES CON ESPECIAL ATENCIÓN A VELUTINA

A terceira xuntanza cos representantes das asociacións do rural tiña lugar este martes no local da Cabana e centrado en cuestións de Benestar Social, Maiores e Igualdade


 +RURAL

O GOBERNO ACHEGA OS INFORMES DE ACCIÓN DO PROGRAMA MAIS RURAL NESTE PRIMEIRO MES CON ESPECIAL ATENCIÓN A VELUTINA

Ferrol, 11 de outubro.- O Goberno de Ferrol, representado polo alcalde e pola concelleira de Benestar Social, Saínza Ruiz, realizaron na tarde de onte a terceira das xuntanzas planificadas no programa +Rural, cumprindo co cronograma de traballo deste programa de acción e atención específica a zona rural, para dar resposta, por primeira vez, as demandas de todas as parroquias do municipio e poñer en valor o rural.


As primeiras xuntanzas arrancaron o 1 de setembro e se prolongarán ate a primavera do 2018. Na tarde deste martes 10, tiña lugar no local social da AVV da Cabana, xa que van itinerando por todas as parroquias e se organizan por áreas temáticas co ánimo de abranguer todas as cuestións que preocupan aos veciños, desde hai anos relacionados co transporte público, saneamento, beirarrúas e fochancas, novas tecnoloxías, cuestións ambientais, obras e servizos, mobilidade, cultura e festas, por exemplo.


O compromiso e a vontade deste Goberno, como así llo trasalaron onte Suárez e Saínza Ruiz aos representantes da zona rural, e darlles cumprida resposta na medida que fose posible con cargo aos fondos propios do Concello e buscando a implicación doutras Administración, como a Deputación provincial co PAS e o POS.


Na tarde de onte, os veciños recibiron unha copia do informe coas accións e medidas activas polo goberno para ir dando resposta as súas demandas. Segundo manifestaba o rexedor, a medio camiño do programa, farase unha avaliación dos resultados e dos investimentos ao remate do mesmo, e a maiores dos recursos propios, contamos coas achegas doutras Administracións e dos Fondos Europeos, a través do GDR Seitura 22”, explicaba o rexedor.


A xuntanza anterior, tiña lugar na AVV de Valón co alcalde e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Victoria, e a primeira, o 1 de setembro, coa presentación do programa foi en Serantes. A próxima que está fixada é para o 2 de novembro, con María Fernández Lemos, concelleira de Urbanismo, Infraestruturas, Vivenda, Rehabilitación e Mobilidade.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar