Novas

luns, 13 de novembro de 2017

O PREMIO INTERNACIONAL DE PIANO CIDADE DE FERROL CELEBRA A 31ª EDICIÓN CON 22 MÚSICOS DE 12 ESTADOS

O teatro Jofre acolle este venres 17 as 20:00 o concerto inaugural a cargo de Fabio e Gisele Witkowski O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, subliña o importante esforzo que fai a cidade para apostar por este certame que sitúa a Ferrol como a capital internacional de piano neste mes de novembro


O PREMIO INTERNACIONAL DE PIANO CIDADE DE FERROL CELEBRA A 31ª EDICIÓN CON 22 MÚSICOS DE 12 ESTADOS

 

Ferrol, 13 de novembro .- Un total de 22 músicos procedentes de 12 Estados do globo terráqueo, tan dispares como Corea do Sur, Ucrania, Azerbaixán ou Xapón, inician este venres a 31 edición do Premio Internacional de Piano Cidade de Ferrol.


A gala inaugural terá lugar este venres 17 as 20:00 no Teatro Jofre de Ferrol, cun concerto inaugural a cargo de Fabio e Gisele Witkowski, coas entradas xa a venda na billeteira do teatro a un prezo de 6 euros.


Son 12 as nacionalidades que toman parte nesta edición: Xapón, China, Corea do Sur, Hong Kong, Taiwan, Ucrania, Rusia, Azerbaixán, Rumanía, Portugal, Italia e España.


Esta XXXI edición do certame, de acordo as bases do concurso, vaise desenvolver do 17 ao 24 de novembro. Co concerto inaugural do venres terá lugar o sorteo público coa orde de participación, e a continuación, do 18 a 22 de novembro, vanse disputar a primeira e a segunda proba eliminatoria. Todas as probas serán de acceso libre e no teatro Jofre.


O xoves 23 de novembro, terá lugar o ensaio dos 3 finalistas con Orquestra Sinfónica de Galicia e xa o venres 24 de novembro, a final do concurso, o venres 24 as 20:00 no Auditorio.



Os 22 participantes son músicos noveis, entre 16 e os 35 anos, e que non obtiveran o primeiro premio nalgunha das súas 30 edicións anteriores. Son tres os participantes do Estado español: José María Aragón Verdugo, Carlos Martín Rayo, e Leonel Morales-Herrero.


Corea do Sur é o país que mais participantes aporta (4), seguido de China (3). O resto de Estados participan con dous (Italia e Xapón),o un só intérprete


O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, apuntaba o esforzo económico que fai o Concello de Ferrol, ano tras ano, por ser o berce deste reputado certame a nivel internacional que leva o nome de Ferrol, como capital internacional do piano durante este mes de novembro.



MAIS DE 25.000 EUROS EN PREMIOS PARA MELLORES INTÉRPRETES



Os premios desta 31 edición serán os seguintes:

· Primeiro Premio: diploma e 12.000 €

· Segundo Premio: diploma e 6.500 €

· Terceiro Premio: diploma e 4.000 €

· Premio ao mellor intérprete de música española: diploma e 2000 €

· Premio Gregorio Baudot ao mellor intérprete galego: diploma e 1.000€



a) Primeira proba eliminatoria. Duración máxima, 35 minutos. Interpretación dun programa de libre elección que inclúa:

* Un preludio e fuga de “O clavecín ben temperado”, de J. S. Bach.
* Un estudo a elixir entre os de Chopin, Liszt, Scriabin, Rachmaninov, Debussy ou Ligeti.

b) Segunda proba eliminatoria. Duración máxima, 50 minutos.
Recital de libre elección, no cal deberá incluír unha obra, a elixir, entre os seguintes compositores españois:

Albéniz: Unha obra de "Iberia", "Navarra" ou "La Vega".
Granados: Unha obra de "Goyescas" ou "El Pelele".
Falla: "Fantasía Bética" ou "4 Piezas Españolas".

Non se admitirán obras interpretadas na primeira proba.

  1. Proba final con orquestra. Os concursantes actuarán acompañados pola Orquestra Sinfónica de Galicia.

    Os concursantes interpretarán un concerto con orquestra que se elixirá entre os seguintes:





* W. A. Mozart: KV 466 en re menor
* W. A. Mozart: KV 488 en la maior
* Beethoven: nº 3, 4 e 5
* R. Schumann: Op. 54 en la menor
* F. Chopin: nº 1 e 2
* F. Liszt: nº 1 e 2
* P. I. Tchaikovsky: nº 1
* Rachmaninov: nº 2 e 3
* S. Prokofiev: nº 1 e 3
* M. Ravel: Concerto en Sol maior




Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar