Novas

luns, 13 de novembro de 2017

E NO MENÚ CULTURAL DESTA SEMANA, DO 13 AO 19 DE NOVEMBRO, TEMOS PREPARADO

Este venres arracamos coa 31ª edición do Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol, as 20:00 no Jofre co concerto inaugural E mentres, no Auditorio, as 21:00 horas, concertazo de Eilen Jewell as 21:00 horas. ¡¡Non a perdas de vista!! Entradas desde 12 euros na nosa web Eilen Jewell vén a Ferrol cunha nova colección de vellas e audaces versións de blues e R&B que se suman á potente mestura de country clásico, folk e rock and roll que caracteriza a súa música orixinal.


E NO MENÚ CULTURAL DESTA SEMANA, DO 13 AO 19 DE NOVEMBRO, TEMOS PREPARADO

 


 

 

 

TEATRO JOFRE

 
 


XXXI CONCURSO INTERNACIONAL DE PIANO CONCERTO INAUGURAL

WITKOWSKI PIANO DUO

Venres, 17 novembro 2017 - 20:00h - 6€
 

Concerto de Apertura do XXXI Concurso Internacional de Piano "Cidade de Ferrol" a cargo de Fabio e Gisele Witkowski.

PROGRAMA:

  • A consagración da Primavera. Igor Stravinsky (1882-1971).
  • Morceaux, op.11 . Sergei Rachmaninoff (1873-1943).
  • No fundo do meu quintal. Francisco Mignone (1897-1986).
 


 

 

AUDITORIO

 
En nuestro blog

EILEN JEWEL
Venres 17 de novembro de 2017 - 21:00h
Anticipada 12€ / Billeteira 16€


Despois de lanzar cinco álbums de cancións orixinais aclamadas pola crítica, a "raíña do acorde menor" decide esta vez atoparse co blues. Eilen Jewell vén cunha nova colección de vellas e audaces versións de blues e R&B que se suman á potente mestura de country clásico, folk e rock and roll que caracteriza a súa música orixinal. Desde o poderío dos barrelhouse da Bessie Smith dos anos 20, aos sons eléctricos da Betty James dos 60, a música blues foi sempre unha forte influencia para os nativos de Boise (Idaho), como ela.
 

 

 

AUDITORIO

 
 


II MOSTRA CORAL GALEGA

Domingo 19 novembro 2017 - 18:00h
Entrada de balde con convite
 

 

Concerto de música coral galega con especial atención a novas composicións corais galegas e novos arranxos de música galega xa publicada.
Partipan: Coral Trasdeza de Silleda,Coral Abrente de Pobra do Caramiñal, Coral Beluso de Bueu e a Coral Diapasón de Ferrol.

Reparto de convites na billeteira do Teatro Jofre a partir do martes 14 de novembro ata completar aforo. Máximo 2 por persoa.

 

 

E RECORDA...

 
En nuestro blog

DOMINGOS A ESCENA
Todos os domingos ás 19:00 horas

Centro Cívico de Caranza

Entrada de balde

 

Para máis información.

http://www.domingosaescena.com/

 
En nuestro blog


FESTEA 2017
Sábados e domingos de outubro e novembro

Capela do C.C. Torrente Ballester
Centro Cívico de Caranza

Teatro Jofre

Entrada de balde con convite

 

Para máis información:
 

http://www.ferrol.es/jofre/


 

 

O horario da billeteira do Teatro Jofre é de martes a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00, e os días de función en horario de mañá de 11.00 a 13.00 e pola tarde dende dúas horas e media antes do inicio da mesma. 

Cando a función sexa no Auditorio, abrirá de mañá no Teatro Jofre de 11.00 a 13.00 e de tarde no Auditorio, dende dúas horas e media antes do inicio da mesma.

.

 

 


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar