Novas

luns, 13 de novembro de 2017

ABERTO O PRAZO PARA ANOTARSE NOS OBRADOIROS DE INFORMÁTICA DO CONCELLO

Este luns, abrimos o prazo para inscribirse nos obradoiros de informática do Concello de Ferrol, impulsados desde Muller e Igualdade Son de balde e hai dez para elixir o curso e o enfoque para aprender e mellorar no manexo dos ordenadores O requisito é ser muller e estar empadroada no Concello. O prazo remata o venres 17 as 14:00 horas no Rexistro Municipal


ABERTO O PRAZO PARA ANOTARSE NOS OBRADOIROS DE INFORMÁTICA DO CONCELLO

O prazo ábrese desde o luns 13 ás 9.00 ata o venres 17 ás 14.00 h. (entrégase por rexistro municipal ou calquera outro rexistro oficial).  

A semana seguinte publicaranse as listaxes de admitidas en Rexistro, Muller, e na web municipal. Esta e unha actividade de balde impulsada dentro dos Obradoiros de Igualdade da Concelleria de Benestar Social, Muller, Igualdade e Mocidade.

Os requisitos para anotarse son ser muller e estar empadroadas en Ferrol


As clases prevense que comecen o luns 27 de novembro na Biblioteca Municipal da Praza de España.


Os obradoiros de informática serán:


-Iniciación básica á informática

-Repaso e mantemento.

-Nivel Avanzado.

- Imaxe: Foto e vídeo dixital

- Internet, e-mail e e-commerce

- Smartphone e tablet.

-Nube: Dropbox e google drive

- Fai a túa web e blogue

- Redes Sociais: Twitter, Facebook...

- Servizos dá Administración electrónica (trámites do Concello, Xunta....)

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar