Novas

martes, 14 de novembro de 2017

A TORRE DE BABEL DO PIANO: CAPITAL FERROL

O teatro Jofre acolle este venres 17 as 20:00 o concerto inaugural a cargo de Fabio e Gisele Witkowski Nesta 31 edición (do 17 ao 24 de novembro) participan 22 intérpretes chegados desde Xapón, China, Corea do Sur, Rusia, Rumanía, Taiwan, Hong Kong, Ucrania, Azerbaixán, Portugal, Italia i España O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, subliñou o esforzo económico do Concello por apostar por un premio que pon a cidade na capitalidade muncial do piano


A TORRE DE BABEL DO PIANO: CAPITAL FERROL

Ferrol, 14 de novembro .- O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, acompañado de Narciso Pillo, Director da Banda Ferrolá de Música, e de Natalia Lamas, presidenta do xurado, presentaron hoxe a 31 edición do Premio Internacional de Piano Cidade de Ferrol, un certame reputado e moi prestixioso que pon ao noso municipio na capitalidade do piano mundial do 17 ao 24 de novembro.


Un total de 22 músicos procedentes de 12 Estados inician este venres 17 as 20:00 a 31 edición do Premio Internacional de Piano Cidade de Ferrol. A gala inaugural terá no Teatro Jofre de Ferrol, cun concerto inaugural a cargo de Fabio e Gisele Witkowski, coas entradas xa a venda na billeteira do teatro a un prezo de 6 euros.


Son 12 as nacionalidades que toman parte nesta edición: Xapón, China, Corea do Sur, Hong Kong, Taiwan, Ucrania, Rusia, Azerbaixán, Rumanía, Portugal, Italia e España. Esta XXXI edición do certame, de acordo as bases do concurso, vaise desenvolver do 17 ao 24 de novembro.


O concelleiro salientaba hoxe na rolda de prensa a importancia deste premio para o conxunto da cidade, tanto polo esforzo económico que supón como pola súa proxección internacional ao situar a Ferrol no mapa do mundo da música en xeral, e do piano en particular.




O xurado desta edición está composto por Natalia Lamas (presidenta), Fabio Witkowski (Brasil), Andreas Frölich (Alemania), Gisele Witkowski (EEUU), Miguel Ángel Tapia (España) e Laura López, en calidade de secretaria do xurado.



PROGRAMA DO XXXI CONCURSO DE PIANO CIDADE DE FERROL 2017


Co concerto inaugural do venres terá lugar o sorteo público coa orde de participación, e a continuación, do 18 a 22 de novembro, vanse disputar a primeira e a segunda proba eliminatoria. Todas as probas serán de acceso libre e no teatro Jofre.


O xoves 23 de novembro, terá lugar o ensaio dos 3 finalistas con Orquestra Sinfónica de Galicia e xa o venres 24 de novembro, a final do concurso, o venres 24 as 20:00 no Auditorio.


Os 22 participantes son músicos noveis, entre 16 e os 35 anos, e que non obtiveran o primeiro premio nalgunha das súas 30 edicións anteriores. Son tres os participantes do Estado español: José María Aragón Verdugo, Carlos Martín Rayo, e Leonel Morales-Herrero.



MAIS DE 25.000 EUROS EN PREMIOS PARA MELLORES INTÉRPRETES

Corea do Sur é o país que mais participantes aporta (4), seguido de China (3). O resto de Estados participan con dous (Italia e Xapón),o un só intérprete


Os premios desta 31 edición serán os seguintes:

· Primeiro Premio: diploma e 12.000 €

· Segundo Premio: diploma e 6.500 €

· Terceiro Premio: diploma e 4.000 €

· Premio ao mellor intérprete de música española: diploma e 2000 €

· Premio Gregorio Baudot ao mellor intérprete galego: diploma e 1.000€


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar