Novas

martes, 14 de novembro de 2017

DERRADEIRAS ENTRADAS PARA O CONCERTAZO DE EILEN JEWELL

O concerto desta artista, adorada polo público e aclamada pola crítica, será o venres 17 as 21:00, nunha cita única na nosa cidade


DERRADEIRAS ENTRADAS PARA O CONCERTAZO DE EILEN JEWELL

Ferrol, 14 de novembro.- A tres días do concerto, aínda estades a tempo de mercar unha das 280 entradas que fican para ver en directo, por primeira vez na cidade e nunha oportunidade única, o concerto de Eilen Jewell.


Despois de lanzar cinco álbums de cancións orixinais aclamadas pola crítica, a "raíña do acorde menor" decide esta vez atoparse co blues. Jewell chega a Ferrol este venres 17, as 21:00 horas, para subirse as táboas do Auditorio de Caranza vén cunha nova colección de vellas e audaces versións de blues e R&B que se suman á potente mestura de country clásico, folk e rock and roll que caracteriza a súa música orixinal.


Eilen Jewell é unha cantautora estadounidense nada en Boise, (Idaho, EEUU). Aínda que adoita clasificarse a Eilen entre os músicos country contemporáneos, o seu estilo abarca desde a música folk ao rockabilly, pasando polo góspel. Desde ou poderío dous barrelhouse dá Bessie Smith dous anos 20, aos sons eléctricos da Betty James dous 60, a música blues foi sempre unha forte influencia para ela.


Nada en 1979, creceu na cidade de Idaho, e estudou na Universidade de Santa Fe, Novo México. O seu álbum Sundown Over Ghost Town, publicado en 2015, foi en gran parte inspirado polo seu regreso a súa cidade natal. Eilen Jewell ademais de ser angloparlante fala castelán. Unha das cancións do álbum "Queen of the minor key" titúlase "Kalimotxo" en referencia á popular bebida española (inspirada polo contacto coas comunidades de inmigrantes vascos na súa cidade natal).

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar