Novas

martes, 05 de decembro de 2017

FERROL, UN PASO MAIS PRETO NA CARREIRA AO PATRIMONIO DA HUMANIDADE DO 2019

A cidade ven de pechar o informe definitivo do expediente que é a chave mestra da candidatura ante o comité de expertos da Unesco O alcalde subliñou que esta distinción multiplicaría por cinco a potencialidade turística, afonda na conservación do patrimonio e suporía unha enorme inxección de autoestima para a urbe A concelleira de Patrimonio Histórico, Rosa Méndez, prevé facer entrega do informe a DX de Patrimonio da Xunta de Galicia para iniciar a carreira do 2019


FERROL, UN PASO MAIS PRETO NA CARREIRA AO PATRIMONIO DA HUMANIDADE DO 2019

Ferrol, 7 decembro.- Ferrol ben de pechar o informe do expediente co que aspira a ser candidata a Patrimonio da Humanidade no 2019. Un documento moi coidado, traballado e ben fundamentado, que se artellou en 300 páxinas que son a chave mestra das posibilidades da nosa cidade a sr o quinto elemento galego que acadase esta consideración da Unesco, que multiplicaría por cinco as potencialidades turísticas, garante achegas das administración para a conservación e coidado do patrimonio e que, no inmaterial, sería, sen dúbida, unha potente inxección para a autoestima da cidade.


O alcalde, Jorge Suárez, e a concellería de Patrimonio Histórico, Rosa Méndez, presentaron este mediodía en rolda de prensa na Sala de Comisión do Pazo Municipal o informe final do proxecto co que a cidade aspira a acadar ese obxectivo común e compartido pola veciñanza que sitúe a urbe como referente histórico, arquitectónico e militar co recoñecemento como Patrimonio Mundial da UNESCO.


Facíano acompañados de César Abella, da consultaría de estratexias culturais e de turismo Trivium SL, e Jordi Tresserras, Director da Rede Ibertur. Tal e como recordaba hoxe o rexedor, Ferrol figura desde o 2007 na Lista Indicativa e aspira, neste mandato, a dar o gran paso de se converter no quinto ben cultural galego que recibe este recoñecemento internacional, o que situaría a cidade de Ferrol no mapa internacional de bens e patrimonio cultural.


Hoxe estamos a dar un gran paso adiante no camiño de Ferrol a Patrimonio da Humanidade, coa presentación do informe ao expediente da candidatura da nosa cidade ante a Unesco que será entregado en datas vindeiras na Dirección Xeral da Xunta de Galicia, ante as autoridades competentes”, expuxo Suárez.


Xa no mes de xuño se avanzara o inicio deste informe so expediente co obxecto, precisamente, de dar os pasos adiante necesarios para percorrer con éxito o camiño de elevar a cidade de Ferrol ao Patrimonio da Humanidade.


¿Que se tiña feito ate o momento nos anos anteriores? Pois unha serie de catálogos e inventarios culturais, ben documentados pero inconexos e deslabazados que había que tecer para dar forma a este informe que e a peza clave que abre o expediente, e no que se fixan, fundamentalmente, no comité de expertos da Unesco”, resumía o rexedor.


Seis meses despois, o informe está completo e rematado para da coa presentación deste novo novo informe de candidatura que postulará definitivamente a cidade naval como Patrimonio Mundial da UNESCO.


Sería un revulsivo para a propia autoestima desta cidade, que daría un xiro económico e un reforzo da idea de Ferrol como unha cidade que cree en si mesma, no seu patrimonio e na súa historia, e xa estamos mais avanzados que outras candidaturas cara esa meta do 2019, sobre as que prepara Illas Atlánticas e a Ribeira Sacra”.


Este distintivo facilitaría un incremento do número de visitantes á cidade multiplicándose por cinco aproximadamente, segundo varios estudos, e situaría a Ferrol no mapa internacional de bens e patrimonio cultural. Ademais a cidade gañarían a protección, vixilancia e conservación do seu legado arquitectónico e histórico, posto que a normativa de aplicación de UNESCO é moi estrita e de obrigado cumprimento.


O informe presentado é a ferramenta que precisaba o Concello para avanzar no impulso administrativo da candidatura, que comezará no ano 2018.


Pola súa banda, a concelleira de Medio Rural, agradeceu o magnífico traballo feito neste informe e avanzou que confía en achegalo a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta en datas vindeiras. A partir de aí, comezaría o camiño de Ferrol a ser Patrimonio da Humanidade na lista que elabora o Estado coas candidatura achegadas desde as distintas comunidades autónomas.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar