Novas

martes, 05 de decembro de 2017

PORTA MÁXICA, O PRIMEIRO FESTIVAL DE MAXIA E ILUSIONISMO PARA O NADAL FERROLÁ

O concelleiro de Cultura e o director técnico do evento, o mago, Martín Varela, presentaron esta nova proposta centrada na maxia para todas as idades e obradoiros de balde para os cativos Concéntrase nos días 2, 3 e 4 de xaneiro con distintos espazos como escenarios do Teatro Jofre, o CC de Caranza e o CHUF As entradas xa están a venda na web municipal e as inscricións aos obradoiros abertas na web www.portamaxica.com


PORTA MÁXICA, O PRIMEIRO FESTIVAL DE MAXIA E ILUSIONISMO PARA O NADAL FERROLÁ

Ferrol, 5 de decembro.- Porta Máxica é o nome do I Festival de Ilusionismo de Ferrol que aterra na nosa cidade con novo ano. O concelleiro de Cultura, Turismo e Festas, Suso Basterrechea, e o director técnico do festival, o mago Martín Varela, facían este mediodía a presentación dunha nova proposta cultural que ten cabida na nosa cidade para achegar a maxia a todos os públicos e idades itinerando por distintos escenarios i espazos, no urbano e no rural, para achegar un anaquiño de maxia e ilusión a todos os públicos neste Nadal 2017-2018.


Esta será a primeira edición do festival Porta Máxica de Ferrol, un evento que traerá á nosa cidade a algúns dos mellores ilusionistas do momento. Durante o 2, 3 e 4 de xaneiro, a ilusión vai invadir Ferrol en forma de diferentes actividades: dende obradoiros, nos que os máis pequenos poderán aprender a facer maxia, ata actuacións no Complexo Hospitalario Universitario, na Residencia de Maiores e, por suposto, no Teatro Jofre, que será o anfitrión das galas de maxia.


Pola nosa cidade pasarán, en tres días, todo tipo de magos para a ocasión: cómicos e elegantes, maiores e novos, clásicos e innovadores, así como artistas doutros países e da nosa propia terra. Estes profesionais da maxia atravesarán a Porta Máxica, e chegarán a Ferrol para traer toda a súa ilusión.

GALAS DE MAXIA, TEATRO JOFRE


Gala Lorc & Julit

3 de xaneiro ás 19:30, co mago Foje, Carrie Misstake, Juan Vidal, Martín Camiña e Fani Triana. Presenta: Kayto o mago. (Teatro Jofre)


O madrileño Kayto será o anfitrión dunha gala na que se presentará a maxia da comunidade galega, como son Martín Camiña e Fani Triana, ademais dos ferroláns Foje, Juan Vidal e Carrie Misstake. Será un espectáculo no que se combinarán diferentes disciplinas máxicas, dende a maxia de preto, ata a maxia cómica ou o mentalismo. A gala será unha homenaxe ao dúo Lorc & Julit, antepasados da tradición máxica na cidade de Ferrol, que levaron a súa maxia por todo o mundo e un dos seus

escenarios preferidos era o deste teatro.


Gala Porta Máxica

4 de xaneiro, 2 funcións (ás 18:00 e ás 20:30), con Pablo Cánovas, Dúo Kybalion, Tecnomagos, Kayto, Tá na manga. Presenta: Martín Varela. (Teatro

Jofre)


A gala Porta Máxica é o peche deste I Festival de ilusionismo, no que se contará con grandes artistas consagrados como Tá na manga (Portugal) o Dúo Kybalion (Rusia e Arxentina) ou Kayto (Madrid), combinados con novos talentos como son Tecnomagos (Barcelona), Pablo Cánovas (Córdoba) e Martín Varela (Ferrol). Esta gala, dirixida cun fío conductor acerca da maxia invadindo Ferrol a través da Porta Máxica, contará tamén cunha gran variedade de números, galardonados a nivel internacional en diversos espectáculos de maxia, que levaron a algúns dos artistas a traballar nos mellores escenarios de todo o mundo. Traerán a Porta Máxica os mellores actos do seu repertorio para facer as delicias de todos os espectadores ferroláns.


PROGRAMA FAMILIAR DE PORTA MÁXICA

2 de xaneiro ás 18:30, a maga Fani Triana presenta "Maxia pola igualdade" – Centro Cívico de Caranza

Xusto a continuación do obradoiro de maxia de Caranza, no mesmo Centro Cívico terá lugar a función do espectáculo da maga coruñesa Fani Triana. Promete unha actuación chea de ilusión e humor. Sobre todo, o que nos ofrecerá é o seu particular xeito de ver a maxia: dende o punto de vista dunha muller


3 de xaneiro ás 17:00, o mago Martín Camiña presenta "A ilusión dun músico", xunto a Álvaro Muras - Biblioteca Municipal (Praza de España)

Unha oportunidade única pra disfrutar da maxia de Martín Camiña en familia. El e Álvaro muras intentarán respostar no seu espectáculo a preguntas como: Pódese facer maxia cun instrumento de corda? E pódese facer música cunha baralla de cartas


Unha melodía paralela de manipulación de cartas, papeis rotos e recompostos, cordas que se rompen e seguen sonando, unhas notas de humor e unha parte moi importante: a participación dos espectadores.


OBRADOIROS PORTA MÁXICA PARA NENOS A PARTIRES DOS 6 ANOS


Os obradoiros de maxia de Porta Máxica teñen por obxectivo achegar a arte da ilusión aos máis pequenos. Nenos e nenas de a partir de 6 anos poderán participar en 4 obradoiros con prazas limitadas a 15 alumnos en cada un:


2 de xaneiro ás 12:30 - Asociación de Veciños de Covas.

2 de xaneiro ás 17:00 - Centro Cívico de Caranza

3 de xaneiro ás 11:00 - Asociación de Veciños de Esmelle

3 de xaneiro ás 12:30 - Centro Cívico de Canido


As inscripcións poden realizarse vía online en www.portamaxica.com e as confirmacións serán enviadas por correo electrónico. As prazas serán adxudicadas por rigurosa orde de inscripción.


Os profesores serán algúns dos magos do Colectivo Máxico Lorc & Julit, coa experiencia de decenas de actuacións fronte a públicos diversos. Compartirán a súa experiencia e os seus coñecementos para espallar o gusto pola maxia en Ferrol.


DÍA 2 DE XANEIRO

11:30 - Apertura oficial do festival - Hall do Teatro Jofre

12:30 - Obradoiro de maxia - Asociación de Veciños de Covas

17:00 - Obradoiro de maxia - Centro Cívico de Caranza

18:30 - Fani Triana presenta “Maxia Pola Igualdade” - Centro Cívico de Caranza

DÍA 3 DE XANEIRO

11:00 - Obradoiro de maxia - Asociación de Veciños de Esmelle

12:30 - Obradoiro de maxia - Centro Cívico de Canido

17:00 - Martín Camiña e Álvaro Muras presentan “A Ilusión dun músico” - Biblioteca

Municipal (Praza de España)

19:30 - Gala de maxia Lorc & Julit, co Colectivo Máxico Lorc & Julit, Martín Camiña e Fani Triana. Presenta: Kayto o Mago - Teatro Jofre.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar