Novas

xoves, 07 de decembro de 2017

O AUDITORIO ACOLLE UN ENCONTRO INTERXERACIONAL DE CORAIS DE PERSOAS MAIORES E PEQUECOROS

Promovido desde Benestar Social co gallo do Nadal, amosa a ligazón entre distintas xeracións unidas pola paixón pola música coral Será o mércores 13 as 18:00 horas no Auditorio de Ferrol e cómpre retirar antes o convite na billeiteira do Teatro Jofre


Ferrol, 6 de decembro.- En sete días, terá lugar no Auditorio de Ferrol un novo encontro interxeneracional de música, cunha nova edición da mostra de Corais de Persoas Maiores de Ferrol, nas que participarán catro agrupacións de persoas maiores con 112 integrantes, e cerca dun centenar de nenos/as do Pequecoro do Conservatorio de Música Xan Viaño de Ferrol.


Será o mércores 13, as 18:00 horas, no Auditorio de Caranza, na Avenida do Mar.

A tradicional Mostra de Corais de Persoas maiores de Ferrol, promovida polo Concello de Ferrol a través da área de Benestar Social, Muller, Igualdade e Mocidade, con motivo das festas de Nadal, é un evento lúdico no que se difunde e fomenta unha das tradicións máis arraigadas da cidade: a afición pola música.


Así participarán as corais: Coral Airiños de Caranza, Coral Ecos de Chamorro, Coro Universitario Senior da Universidad do Campus de Ferrol, Coral A Fundación de Ferrol, ademais do PequeCoro do Conservatorio 'Xan Viaño'.


Neste encontro, ponse de manifesto a vinculación que xenera entre distintas xeracións que comparten a súa paixón pola música coral, unha das tradicións da nosa cidade que leva a música e o canto na súa idiosincrasia”, manifestou a concelleira de Benestar, Saínza Ruiz, que realizará a apertura dunha gala chea de sorpresas, xa que contará coa solista ferrolá Eugenia Sanmartín que amenizará cun repertorio mixturado de temas propios , de Brasil e de outras terras.


CONVITES: As entradas son de balde pero cómpre recoller os convites na billeiteira do Jofre antes do evento, a partires do xoves 7, no horario habitual, de 11 a 13 e de 18 a 20 horas, de martes a venres. O sábado, de 11 a 13 horas, e tende en conta o venres 8, que é festivo.

Repartiranse entre os interesados ate completar o aforo do recinto.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar