Novas

luns, 08 de xaneiro de 2018

ESTE VENRES 12 ABRE O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS A REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS EN VIVENDAS NOS ARIS DA MAGDALENA-FERROL VELLO, ESTEIRO VELLO E A GRAÑA

O concello convida da veciñanza, particularmente nas zonas ARIS, a asistir este martes 9 as 19:30 ao acto informativo no antigo Hospicio de Amboaxe. O alcalde e a concelleira de Urbanismo e Vivenda detallarán os pasos para acceder as axudas e o tipo de obras que poden solicitalas. As achegas públicas e dos particulares a esta convocatoria se traducen nunha inxección de 3.369.773,58 euros para mudar a faciana do casco histórico. O Goberno local acometerá o cambio das cubertas e da envolvente enerxética de dous bloques con 10 portais e 72 vivendas nas rúas Dez do Marzal e Narón do barrio de Recimil cun aporte que se achega aos 900.000 eu


ESTE VENRES 12 ABRE O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS A REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS EN VIVENDAS NOS ARIS DA MAGDALENA-FERROL VELLO, ESTEIRO VELLO E A GRAÑA

 

Ferrol, 8 de xaneiro.- Este martes 9, as 19:30 horas, no Antigo Hospicio de Amboaxe terá lugar un acto aberto e informativo a toda a veciñanza para informar polo miúdo, das distintas posibilidades para solicitar e tramitar as axudas a rehabilitación de edificios de vivendas nas Áreas de Rehabilitación de Ferrol (ARIS): Magdalena-Ferrol Vello, A Graña e Esteiro. O prazo para formalizar a solicitude ábrese este venres, 12 de xaneiro.


No mesmo, tamén se dará conta do proxecto do Goberno local no barrio de Recimil, que acadou o recoñecemento ARI por parte da Xunta de Galicia en xaneiro do 2017, para mudar a envolvente de dous blocos -dez portais e 72 vivendas- nas rúas Dez do Marzal e Narón, como primeiro paso para a recuperación deste barrio singular e nuclear do municipio ao que agardamos sumar, os fondos Edusi procedentes da Unión Europea.


Será un acto aberto e participativo no que tanto o alcalde, Jorge Suárez, como a concelleira de Urbanismo, Infraestruturas, Vivenda e Mobilidade, María Fernández Lemos, así como os técnicos da Oficina de Rehabilitación, expoñerán polo miúdo, os detalles dunhas axudas que supoñen unha grandísima oportunidade para comezar a mudar a faciana da cidade cunha inxección de fondos públicos achegados por tres Administracións: central, autonómica e local, que ascende a 3,3 millóns de euros.


Lembrarvos que o anuncio da prorroga do Plan de Vivenda e as addendas, quee permiten reinvestir o remanente de anos anteriores foi publicado no Doga do mercores 27 de decembro. Supon unha inxeccion economica de 3.369.773,58 euros e con especial fincape, pola parte do Goberno local no barrio de Recimil, unha débeda histórica que o Concello de Ferrol arrastra desde hai décadas coas eivas desta barriada.


Polo miúdo, nesta convocatoria abordanse as subvencións correspondentes aos novos convenio A Magdalena – Ferrol Vello 12ª Fase, A Graña 8ª Fase e Esteiro Vello 2ª Fase, convenios denominados PRÓRROGA, pola prorrogación do Plan de Vivenda 2013-2016. Esta convocatoria inclúe ademais financiamento Autonómico para vivendas con uso habitual e permanente do propietario ou inquilino.

Prórroga  Área de Rexeneración e Renovación Urbana

Nº intervencións

Achega Fomento

Achega Xunta

ARRU/ARI da Magdalena e Ferrol Vello 12ª fase

67

268,000.00 €

107,679.00 €

ARRU/ARI A Graña. 8ª fase.

3

27,000.00 €

10,848.26 €

ARRU/ARI Esteiro Vello 2ª Fase

15

60,000.00 €

24,107.24 €


Ademais convócanse subvencións para completar os anteriores convenios aínda en vigor (A Magdalena – Ferrol Vello 10ª-11ª fase, A Graña 6ª e 7ª fase e Esteiro Vello 2ª fase).


Addendas Área de Rexeneración e Renovación Urbana

Nº intervencións

Achega  Fomento

A Magdalena e Ferrol Vello. Addenda do 14  marzo  2015

14

52,529.64 €

A Magdalena e Ferrol Vello. Addenda do 27 outubro 2015

36

167,762.09 €

A Graña. Addenda do 14  marzo  2015

5

40,459.64 €

A Graña. Addenda do 27 outubro 2015

5

27,500.00 €

Esteiro Vello. Addenda do 27 outubro 2015

39

64,863.60 €



¿Que tipo de obras e intervencións poden ser obxecto da subvención?

-As obras que poden ser subvencionadas son as de mantemento ou mellora das condicións de habitabilidade, as de mellora da accesibilidade e a mellora da eficiencia enerxética, tanto para elementos comúns do edificio como para as vivendas.

-Cumprimentarase unha solicitude por cada convenio (Prórroga e Addenda) e a documentación a presentar é común para ambas convocatorias, sen necesidade de entregala por duplicado.


Esta consiste en documentación técnica: proxecto ou memoria valorada, Informe de Avaliación de Edificios (IAE) e licenza ou solicitude desta entre outros, e documentación administrativa, tanto dos propietarios individuais como as das comunidades, de selo caso. Toda a documentación requirida está recollida na folla resume na convocatoria de subvencións da solicitude ADDENDA.


-As contías para a subvención das addendas non poden exceder o 35% do custo subvencionable e unha contía máxima de 11.000 € por vivenda. Para o convenio da PRÓRROGA poderase obter ademais do 35% máximo 11.000€, unha contía adicional  ata un 10% do custo subvencionable e máximo 4.000 € por vivenda no caso de ser vivendas habitual ou permanente.



Poden acollerse ás axudas as actuacións xa iniciadas pero non finalizadas na data de presentación das solicitudes.


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN:


O prazo para a presentación da documentación comezará aos dez días hábiles desde a data da última publicación nos boletíns oficiais, e polo tanto se inicia o venres, 12 de xaneiro.


A concesión das subvencións será de concorrencia non competitiva, sendo a selección de beneficiarios por rigoroso orden de presentación da solicitude e da documentación completa nos rexistros admitidos por lei.



É necesario solicitar unha visita previa do edificio antes de realizar a solicitude de subvención. Cando solicite unha comunidade de propietarios estes realizarán unha única solicitude.


Datas límite para solicitar as subvencións:


    • Para a convocatoria da PRÓRROGA: 30 abril 2018.

    • Para a convocatoria da ADDENDA do 14 de marzo 2015: 30 de xaneiro do 2018.

    • Para a ADDENDA do 27 outubro 2015: 30 de abril 2018.



A obra terá que estar rematada e a documentación xustificativa da inversión presentada con anterioridade ás seguintes datas:


  • Para os solicitantes da PRÓRROGA: 30 de novembro do 2018.

  • Para os solicitantes da ADDENDA do 14 de marzo 2015: 1 de marzo 2018.

  • Para a ADDENDA do 27 outubro 2015: 8 de outubro 2018.



As bases reguladoras das dúas convocatorias encóntranse na páxina WEB do Concello, no apartado de Sede Electrónico/Urbanismo/Rehabilitación. Tamén achegamos a publicación da convocatoria no propio DOGA do 17.12.2017.


Para calquera información referente ás mesmas pódese acudir á Oficina de Rehabilitación, sita no edificio de Urbanismo da rúa María.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar