Novas

luns, 08 de xaneiro de 2018

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NA CAMPAÑA DE ESQUÍ 2018 NA ESTACIÓN INVERNAL DE MANZANEDA

Poderá participar a rapazada nacida en Ferrol entre os anos 2003 e 2007, empadroados na cidade e as solicitudes téñense que presentarse por Rexistro ate o 16 de xaneiro O campamento inclúe catro días na estación, con aloxamento, manutención e curso de esquí con monitores, seguros e alugamento do material preciso


ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NA CAMPAÑA DE ESQUÍ 2018 NA ESTACIÓN INVERNAL DE MANZANEDA

Ferrol, 19 de decembro.- Un ano mais, ven de poñerse en en marcha a Campaña de Esquí 2018 na estación de Manzaneda, na provincia de Ourense, para que rapaces da provincia nacidos nos anos 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007 poidan gozar dunha fin de semana de estadía na neve entre o 16 de febreiro e o 19.


O Concello de Ferrol adheriuse ao programa da Deputación de A Coruña, a expensas da concesión dun número de prazas por parte do ente provincial que son as que lle corresponderán ao Concello nesta campaña invernal.


Malia que a campaña é da Deputación provincial, as solicitudes deberán presentarse nos respectivos concellos, que serán os que remitirán finalmente os nomes dos participantes á Deputación. O prazo estará aberto para a presentación de solicitudes no Rexistro Municipal da Praza de Armas ate as 14:00 horas do martes 16 de xaneiro.


DOCUMENTACIÓN QUE SE ENTREGARÁ NO REXISTRO


1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do/a solicitante

2.- Unha foto tipo carné

3.- Fotocopia da tarxeta sanitaria

4.- Fotocopia do carné de identidade ou do libro de familia.

5.- Copia de aboamento da cota de inscrición (85 euros). (Cando a praza estea confirmada e no número de conta dado pola Deputación e publicado na súa web)

6.- No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teña que ser tido en conta, axuntarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.



No caso en que haxa máis demanda que oferta, igual que sucede nas convocatorias dos campamentos de verán, farase un sorteo público entre todos os solicitantes. O resultado do sorteo publicarase na páxina web do Concello e no taboleiro municipal.



COTA DE INSCRICIÓN: No transcurso da inscrición será facilitado pola Deputación un número de conta onde se aboará a cota de 85,00 € (oitenta e cinco euros), facendo constar o nome do/a neno/a, concello e CAMPAÑA DE INVERNO 2018.


INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar