Novas

luns, 15 de xaneiro de 2018

FERROL PRESENTASE EN FITUR COMO DESTINO DE REUNIÓNS E CONGRESOS E COMO UN AGASALLO DE FIN DE SEMANA PARA OS SENTIDOS CON PATRIMONIO, GASTRONOMÍA E PAISAXE

A presentación da cidade naval terá lugar o día 17 de xaneiro as 14:00 dentro da caseta de Turgalicia no pavillón número 9 de Fitur Dentro da presentación ferrolá destaca a aposta renovada polo turismo activo, a presentación da Semana Santa 2018 como Festa de Interese Turístico Internacional e polo fenómeno pictórico e social das Meninas de Canido


FERROL PRESENTASE EN FITUR COMO DESTINO DE REUNIÓNS E CONGRESOS E COMO UN AGASALLO DE FIN DE SEMANA PARA OS SENTIDOS CON PATRIMONIO, GASTRONOMÍA E PAISAXE

 

Ferrol, 15 de xaneiro.- Ferrol presentarase este ano en Fitur como unha cidade que con grandes posibilidades e potencial para ser un centro de referencia de congresos e negocios ben conectado os aeroportos de A Coruña e Santiago por autoestrada, con diversidade de recintos e cunha oferta patrimonial, natural e de lecer nun marco incomparable, mesmo para o turismo de Congresos como para unha escapada nas pontes e fins de semana co ánimo de desestacionalizar o turismo estival, que xunto co Camiño Inglés e o destino de cruceiros é unhas das vías polas que se aposta e se exploran neste 2018 para medrar en número de visitantes e na proxección exterior da nosa urbe.



A próxima edición de FITUR, Feira Internacional de Turismo, que se celebra en Ifema do 17 ao 21 de xaneiro, é o escenario ideal para que Ferrol mostre a amplitude de alternativas que ofrece ao turista MICE (reunións, convencións e congresos de traballo). A data inicialmente prevista para a presentación de Ferrol neste ano 2018 é o mércores 17 de xaneiro ás 1400 horas na caseta de Turismo de Galicia no pavillón 9 de Fitur, en IFEMA (Madrid).



A cidade, conforme ao criterios dos técnicos especializados, reúne as condicións para servir como un marco perfecto para a celebración de todo tipo de congresos, convencións, viaxes de incentivo ou exposicións grazas a edificios como o emblemático Teatro Jofre (500 aforo), Exponav, o CTB, o Antigo Hospicio, o CIS da Cabana, o salón de actos de A Fundación (200) ou o Auditorio de Caranza con capacidade para 900 persoas, equipado coa última tecnoloxía, ademais do seu patrimonio histórico, marítimo, arquitectónico e militar, combinado coa gastronomía das Rías Altas, o seu potencial para o turismo de aventura, particularmente nos deportes acuáticos, e o entorno natural, privilexiado e incomparable, cun litoral protexido pola súa valía ambiental.



Ten, por tanto, Ferrol un espírito industrial e cosmopolita nun enclave privilexiado situándose, así, como referente tamén para o mundo empresarial, como potencial destino de congresos médicos e de toda índole”, expoñen desde a Empresa Mixta de Turismo, que destaca “o seu patrimonio histórico e cultural combina o Modernismo do Barrio A Magdalena, como encanto portuario de Ferrol Vello, zona BIC (Ben de Interese Cultural), o Arsenal Militar, os estaleiros de Navantia, o castelo de San Felipe do século XVI, Exponav e o Museo Naval, ademais do Museo da Natureza da Sociedade Galega de Historia Natural, por citar algúns do atractivos.

O alcalde de Ferrol e o concelleiro de Cultura, Festas e Turismo, Suso Basterrechea, serán os encargados de defender as potencialidades de Ferrol nesta nova edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid, a que tamén asistirán, convidados polo Concello, dous representantes da Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa Ferrolana, para facer a súa exposición e unha breve presentación visual desta Festa de Interese Turístico Internacional no maior escaparate, como é Fitur.

http://www.semanasantaferrol.org/la-semana-santa-de-ferrol-en-fitur/


Outra das apostas que se fará desde o Concello de Ferrol é a promoción do Camiño Inglés, que ten quintuplicado en poucos anos o número de peregrinos que chegan a nosa cidade para iniciar a andaina a Compostela, e por suposto, a proxección que está a ter unha festa que é todo un fenómeno social e cultural como é As Meninas de Canido, a través dos ollos do popular videoblogger Diego Pons, que no pasado setembro realizou un traballo especial adicado integramente as veciñas mais famosas das paredes de Canido e que se vai a proxectar en FITUR.


FERROL, UN DOS PRIMEIROS DESTINO DA PROVINCIA EN ACADAR O CERTIFICADO SICTED

Ferrol foi, ademais, un dos primeiros destino da provincia da Coruña -logo de Santiago- en ser distinguido como destino SICTED, que o cualifica como destino económico e de calidade pola súa oferta gastronómica, patrimonial, cultural e paisaxística.

Tamén un destino, o un agasallo, ideal para pasar unha fin de semana, tal e como nos relataba o xornalista ferrolán Luis Fraga nun vídeo de 3 minutos no que repasa algúns, nos todos, os encantos do noso municipio e que foi lanzado na ponte de outubro. Aquí vos deixamos a ligazón. Pódese ver na canle TurismoFerrolterra de Youtube nas dúas versións, en galego e castelán.

https://www.youtube.com/watch?v=p_xqAojZLLY

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar