Novas

xoves, 08 de febreiro de 2018

REGRESAMOS COS DOMINGOS A ESCENA 2018 O 18 DE FEBREIRO

Boas novas para todos os que gostan do teatro porque o domingo 18 regresamos co ciclo de teatro afecionado xestionado desde o Concello Será, como sempre, os domingos as 19:00 no Centro Cívico de Caranza e de balde


Desde a Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, informarvos que a volta do Entroido, o domingo 18 de febreiro, retomamos o ciclo de teatro afecionado 'Domingos a Escena', no horario e no emprazamento habitual, que viña sendo o Centro Cívico de Caranza as 19:00 horas para as representacións.

O ciclo estará xestionado directamente polo Concello de Ferrol. É, sen dúbida, unha boa nova para os amigos do teatro e os afecionados a este ciclo cun público fiel, todas as fins de semana. O ciclo é, por suposto, de balde con entrada libre ate completar o aforo.

Voltamos o domingo 18.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar