Novas

xoves, 08 de febreiro de 2018

SUMANDO FORZAS CONTRA O PECHE DE ZARA NO CENTRO DE FERROL

O concelleiro de Promoción Económica, Álvaro Montes, ofrecía este mediodía unha rolda de prensa xunto a comerciantes, hostaleiros e veciños O alcalde remitía unha carta a Amancio Ortega para que reconsidere o peche e aposte polo futuro dunha tenda con 30 anos de historia na cidade


SUMANDO FORZAS CONTRA O PECHE DE ZARA NO CENTRO DE FERROL

Ferrol, 8 febreiro.- Este mediodía, na Sala de Comisións do Concello acollía a rolda de prensa do concelleiro de Emprego e Promoción Económica, Álvaro Montes, xunto cos representantes de ACOF, da Asociación da Hostaleiros, e das entidades veciñais amosando o seu rexeitamento ao peche da tenda de ZARA no centro histórico da nosa cidade e pedindo ao grupo Inditex que reconsidere a súa decisión.


"A nosa aposta é alegre, convencida e de futuro por unha tenda que leva trinta anos na cidade que ten un valor simbólico moi forte, mesmo sentimental", manifestou Álvaro Montes, que pide a dirección do grupo que reconsidere a súa decisión de pechar a tenda da Praza de Armas aducindo motivos económicos.

"Unha referencia mundial como Zara debe ficar na Magdalena e nós, desde aquí, estamos dispostos a facer o esforzo de necesario de apoio, polo que mantemos a nosa petición dunha xuntanza para tratar de chegar a un acordo beneficioso", deixo Montes.

Esta cuestión xa fora debatida na recente convocatoria da Mesa Local de Comercio e cristalizou nunha carta que o alcalde de Ferrol, na representación da cidade, lle remitía a Amancio Ortega.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar