Novas

venres, 09 de marzo de 2018

EN MARCHA O PROCESO DE SELECCIÓN PARA INCORPORAR TRES TÉCNICOS A EDUSI RÍA DE FERROL, CIDADE 2020

A convocatoria é para estes tres postos: coordinador de proxecto, técnico económico e administrativo O prazo abríase o luns 5 e remata o venres 16. Na nosa web, no Taboleiro de Anuncios, podes atopar toda a información coas bases do proceso


EN MARCHA O PROCESO DE SELECCIÓN PARA INCORPORAR TRES TÉCNICOS A EDUSI RÍA DE FERROL, CIDADE 2020

Ferrol, 9 de marzo.- Aquí vos achegamos a ligazón as bases da convocatoria dun proceso selectivo que vimos de iniciar no marco do proxecto europeo Edusi Ría de Ferrol, Cidade 2020

No concreto, o proceso selectivo en marcha está aberto para os seguintes postos.

1. Un coordinador de proxecto: Licenciatura o Grao Universitario

1. Técnico económico: Licenciatura o Grao Universitario en Ciencias Empresariais, Económicas , ADE.

1. Administrativo/comunicación:  Bacharelato ou titulación equivalente

O anuncio está publicado na páxina web do Concello de Ferrol e aquí tendes toda a información, cos requisitos, a titulación e as funcións que leva aparalleado cada un dos postos, así como as condicións retributivas.

http://www.ferrol.gal/Shared/Contidos/65

O prazo para presentar as solicitudes é de dez días hábiles a contar desde o luns 5 no Rexistro Municipal, de xeito preferente, e por calquera outra das vías previstas pola Admon. O prazo remata o venres 16.
 
A EDUSI 'Ría de Ferrol. Cidade 2020' é unha estratexia que aborda un dos grandes problemas da área metropolitana de Ferrol e Narón, que é o paro estrutural provocado pola dependencia ao sector da construción naval, en decadencia desde os anos 80.Ambas as cidades están unidas por un reto común, ao redor do cal se estrutura a EDUSI: a diversificación dos sectores produtivos para conseguir a sustentabilidade económica tan anhelada que procure empregos a través dun tecido diverso e complexo.
 

Como exemplos de accións concretas que se poden artellar baixo o paraguas do Plan Urban estaría a modernización electrónica da Administración e dos servizos públicos, exprimindo as oportunidades das TIC e avanzando cara a chamada Smart Cities; tamén as de reducir as emisións de CO2, potenciar medios de transporte amables co medio como a bicicleta e avogar con firmeza pola peatonalizacióon e o transporte público implementando un plan de mobilidade sustentable como parte dun enfoque integrado.


 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar