Novas

venres, 09 de marzo de 2018

DESDE XA, PODEDES ACHEGAR AS VOSAS PROPOSTAS PARA ESCOLLER AOS MELLORES DEPORTISTAS DE FERROL NA XXV GALA DO DEPORTE

As bases xa están publicadas no taboleiro da web municipal e o prazo para achegar as candidaturas ábrese este venres 9 e pecha en 10 días A 25º edición da Gala do Deporte de Ferrol será o 19 de abril no Auditorio coa entrega da Carabela de Prata a muller ou home, considerado o mellor deportista de Ferrol na tempada 2016/2017


DESDE XA, PODEDES ACHEGAR AS VOSAS PROPOSTAS PARA ESCOLLER AOS MELLORES DEPORTISTAS DE FERROL NA XXV GALA DO DEPORTE

Ferrol, 9 marzo.- Xa están publicadas no taboleiro de anuncios da páxina web do Concello de Ferrol as Bases da XXV GALA DO DEPORTE FERROLÁN para premiar aos mellores deportistas ferroláns da tempada 2016-2017 coa Carabela de Prata, así como as mellores promesas, clubles e agrupacións, ao promoción ao deporte, os mellores en cada disciplina e o premio Javier Gómez Noya, Distinción outorgada a todos aqueles deportistas que resultaran galardoados coa Carabela de Prata durante catro anos consecutivos ou máis de catro nos seis derradeiros anos sempre que a súa traxectoriano ano 2017 o faga merecedor da distinción

O prazo de dez días naturais para presentar propostas para ser premiados na gala, ábrese hoxe venres 9 e remata o domingo 18 polas canles que se vos indican nas

O enlace das bases é:

http://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnunciosAmpliar/309

REQUISITOS:

1. Ser naturais de Ferrol,
2. Formados deportivamente en Ferrol, 
3. Pertencer, como mínimo, durante as tres últimas tempadas ou anos (incluída a
 tempada ou ano obxecto de recoñecemento na presente edición da gala) a algún club, agrupación deportiva ou colexio do Concello. ( Dende o ano 2014 ou tempada 2013 – 2014).

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E GALA DOS PREMIOS:

Poderán formular propostas calquera persoa física ou xurídica (asociacións, organsimos ou entidades
públicas ou privadas) relacionadas coa actividade física e o deporte.

As prospostas, que se presentarán no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol,

Os premios aos mellores deportistas Ferroláns do ano 2017 serán entregados de forma solemne nun acto
público que se realizará no Auditorio Municipal o próximo 19 de abril de 2019 e no que se lles fará entregada distinción que lles corresponda

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar