Novas

luns, 12 de marzo de 2018

UN TOTAL DE 165 MOZAS E MOZOS PRESENTARON A SÚA SOLICITUDE AOS CINCO ITINERARIOS FORMATIVOS DO CONCELLO PARA MELLORAR A SÚA EMPREGABILIDADE

A Mesa de Contratación aborda este martes 13 os lotes para a execución dos itinerarios formativos do programa con 75 prazas para mozos de 16 a 30 anos en cociña, almacén, carne, peixe e sociosanitarios O custo total deste proxecto é de 402.431 euros dos que 369.794,48 proceden do Fondo Social Europeo e 32.637,21 euros da achega local


UN TOTAL DE 165 MOZAS E MOZOS PRESENTARON A SÚA SOLICITUDE AOS CINCO ITINERARIOS FORMATIVOS DO CONCELLO PARA MELLORAR A SÚA EMPREGABILIDADE

Ferrol, 12 de marzo.- A Xunta de Goberno Local desde luns 12 aprobou a devolución da garantía definitiva a empresa Jardincelas SL, co motivo da adxudicación do contrato do Servizo de mantemento das áreas de xogo infantís e parques biosaludables existentes na cidade.

Tamén foi aprobada unha relación de 13 facturas por distintos servizos prestados ao Concello por un importe global de 26.235,31 euros.

Doutra banda, a Mesa de Contratación
Permanente do Concello de Ferrol abordará este martes 13 a contratación por lotes do servizo de execución dos itinerarios formativos do Proxecto "Ferrol Emprego Xuvenil" cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Ao respecto desde itinerarios, salientar que unha vez fechado o prazo -que remataba o 28 de febreiro-, rexistraronse, en total, 165 solicitudes para os cinco itinerarios propostos: sociosanitario, cociña e restauración. cárnicos, peixería e almacén.

Os requisitos para acceder pasaban por ter de 16 a 29 anos, estar empadroado no municipio e figurar inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
.

Vanse desenvolver no Centro Municipal de Emprego de Catabois. A previsión é que se inicien a finais do mes de marzo e rematen en novembro do 2018.

O obxectivo deste programa, salienta o concelleiro de Emprego e Promoción Económica, Álvaro Montes, "é promover a empregabilidade das persoas novas do Concello de Ferrol, a través da combinación orientación e información laboral, itinerarios formativo profesionais e prácticas profesionais".

Inclúense, tamén actividades de apoio na busca de emprego, prospección empresarial e intermediación laboral.


Os cinco itinerarios formativos son:


  1. Persoal experto en Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio (680 horas) 13 solicitudes.

  2. Auxiliar de cociña e restauración (605 horas) 19 solicitudes.

  3. Especialista en preparación e venda de produtos cárnicos frescos (565 horas). 30 solicitudes.

  4. Especialista en preparación e venda de peixes frescos (555 horas) 16 solicitudes.

  5. Auxiliar de comercio, almacén e loxística (590 horas). 87 solicitudes.

O itinerario de auxiliar de comercio e almacén foi o mais demandado. As prazas vacantes nos outros itinerarios cubrironse coas solicitudes dos cursos de cociña e almacén, en segunda opción. 


Son un total de 15 prazas en cada un dos cinco cursos, 75 en total para as 156 solicitudes, e en todos eles realizaranse prácticas en empresa cunha duración de 120 horas por curso.

A formación destas mozas e mozos completarase con actividades de novas tecnoloxías, inglés, igualdade, manipulación de alimentos e prevención de riscos laborais.

Todos v
anse desenvolver no Centro Municipal de Emprego de Catabois. A previsión é que se inicien a finais do mes de marzo e rematen en novembro do 2018. 

O custo total deste proxecto para a mellora da empregabilidade é de 402.431,69, do que 369.794,48 proceden da achega lograda do Fondo Social Europeo, que se completa co aporte de 32.637,21 de fondos municipais. 



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar