Novas

luns, 12 de marzo de 2018

E A GOLPE DE LUNS, AQUÍ TES O NOSO MENÚ CULTURAL PARA ESTA SEMANA

O que non te podes perder esta semana é: o Festival Atlántica de Narración Oral, A Noite das Pepitas no Jofre o sábado 17 e o concerto do domingo da Banda Municipal e teatro afecionado en Caranza Calidade, variedade e un programa ben coidado no que moitos dos espectáculo son de balde


E A GOLPE DE LUNS, AQUÍ TES O NOSO MENÚ CULTURAL PARA ESTA SEMANA

Ferrol, 12 marzo.- Aquí vai a nosa axenda cultural para esta semana, empezando pola conferencia de Cine e Moda no ciclo Aprender a Ver Cine III, na Biblioteca Municipal.

Moi importante, esta é a semana da Festival Atlántica, narración oral, catro espectáculos de balde, para nenos e non tan nenos, na Biblioteca (meniños) e no CTB para adultos. Só tes que retirar o convite e desfrutar dos relatos de Tamara Bezerra, de Brasil, e Bopniface Ofogo, de Camerún.

Non esquezades, ademais, a cita coa Noite das Pepitas, o sábado 17 no Teatro Jofre. Mañá as 12:10, rolda de prensa do Concelleiro de Cultura para presentar os actos do sábado e o festival de roldas de Amboaxe.


AXENDA:  

Luns día 12 de marzo de 18.00 a 20.00 h na Sala Audiovisual (3º andar), a cargo de Pilar Freire Rodríguez.






TEATRO JOFRE

 
 


OLD JAZZ BAND PRAGA
Xoves 15 de marzo 2018 - 20:30h
12€ - 15€


ORGANIZA: Sociedad Filarmónica Ferrolana.  

Este grupo de dixieland é actualmente o máis antigo da República Checa. Foi fundado en 1968 e ao longo da súa dilatada actividade artística consolidou un estilo propio caracterizado pola súa forza emotiva, improvisación, perfecta técnica e conxunción entre os seus compoñentes. Contan cun amplo repertorio onde se mezclan temas tradicionais de varios estilos como o ragtime, o gospel, o dixieland e o mellor swing dos anos 30.
 


 

 

CAPELA DO C.C. TORRENTE BALLESTER

 
 

ATLÁNTICA
Festival Internacional de Narración Oral

 

MULHERES QUE ENSABOAM PALAVRAS
Xoves 15 de marzo 2018 - 20:30h

 

TÂMARA BEZERRA (Brasil): Sesión con contos recollidos á beira de ríos no deserto brasileiro..
 

CONTOS ERÓTICOS AFRICANOS
Venres 16 de marzo 2018 - 20:30h


BONIFACE OFOGO (Camerún): Incursión ao mundo erótico do África tradicional, que non está exento de humor, de picardía e dun sentido moi avanzado da sexualidade.

 

Reparto de convites na billeteira do Teatro Jofre dende o martes 6 de marzo ata completar aforo. Máximo 2 por persoa

 

 

AUDITORIO

 
 

JD MCPHERSON
+ Charley Crockett


Venres 16 de marzo 2018 - 21:00h
Anticipada 13€ / Billeteira 16€


"Tiña pesadelos todas as noites e pensaba: 'Vaia, van odiar isto' ", di JD McPherson.
Cando fala do seu novo álbum, Undivided Heart & Soul, non se aprecia indicio de auto adulación, ou mesmo da confianza que un podería esperar dun artista veterano. Hai con todo unha imaxe do proceso creativo de McPherson dándolle vida ao disco, unha viaxe chea de medo e de cambio, logo audacia e, finalmente, catarse.
Undivided Heart & Soul é un disco que nos mostra a McPherson tal e como é agora, cansado da batalla pero máis forte que nunca.


SÁBADO 17 DE MARZO, NOITE DAS PEPITAS

 




 

 

AUDITORIO

 
 

BANDA FERROLÁ DE MÚSICA

Domingo 18 de marzo 2018 - 12:00h
Entrada de balde con convite


III Ciclo de Inverno - Primavera
Director: Narciso Pillo.
  • 18 de marzo: Grandes oberturas
 

Reparto de convites na billeteira do Teatro Jofre dende o martes 13 de marzo ata completar aforo. Máximo 2 por persoa.

 

 
 




E RECORDA...


DOMINGOS A ESCENA

Todos os domingos ás 19:00 horas

Entrada de balde

Centro Cívico de Caranza

 

 

UN ADIANTO DAS VINDEIRAS SEMANAS

 

Venres 6 de abril
NORMAS PARA SABER VIVIR NA SOCIEDADE ACTUAL

Teatro




 

Sábado 7 abril
THE CLAMS
Soul, Rithm & Blues

Concerto




Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar