Novas

martes, 13 de marzo de 2018

OITO RONDALLAS DARÁN FORMA E MÚSICA A OUTRA NOITE DAS PEPITAS

O acto central terá lugar este sábado 17 no Teatro Jofre a partires das 17:00 horas O concelleiro de Cultura e Festas destaca o esforzo do Concello por darlle pulo a esta festa para conxugar tradición e modernidade


OITO RONDALLAS DARÁN FORMA E MÚSICA A OUTRA NOITE DAS PEPITAS

Ferrol, 13 marzo.- O concelleiro de Cultura e Festas, Suso Basterrechea, presentaba este mediodía en rolda de prensa polo miúdo o programa dos actos para a Noite das Pepitas 2018, unha festa singular declarada de Interese Turístico de Galicia e enraigada na tradición da nosa cidade que se desenvolverá este sábado 17 de marzo.

Basterrechea comparecía ante os medios acompañado dunha nutrida representación da coordinadora de roldas que el mesmo preside na súa calidade de concelleiro. “
Un ano máis achegámonos novamente a esta data singular e sinalada do calendario ferrolá, nas vésperas do 19 de marzo. É tempo de xolda na rúa, de música, de cantares e todo baixo o encaixe tradicional da nosa Noite das Pepitas, unha festa popular moi enraigada na historia da nosa cidade con mais de 120 anos de historia”, subliñaba o edil.

Desde o Concello e como concelleiro de Festas, temos e teño un especial empeño en recuperar a alegría da música, a paixón polo noso e a festa na rúa nunha eclosión da cultura en Ferrol a que non é alleo o resto de Galicia, apostando por conservar e modernizar unha tradición tan nosa”, manifestou Basterrechea.


O Concello ven de editar un libriño especial das Pepitas 2018, de 44 páginas que comezará a distribuirse o mércores. Unha equipa da televisión pública de Galicia adicará a tarde do sábado a un programa especial de tres horas en directo centrado nesta Festa de Interese Turistico de Galicia e co seu plató na Praza da Constitución.


Este ano, mais aló do acto central que terá lugar o sábado 17 no Teatro Jofre e na Praza de Amboaxe, co festival de roldas en Amboaxe. Con todo, as roldas das Pepitas deste 2018 quixeron ser mais ambiciosas cun programa de actos que iniciaban o pasado 7 de marzo cunha conferencia no CTB, e dúas actuacións complementarias. Na tarde de hoxe martes 13, actúan catro rondallas de Ferrol no Centro Cívico de Caranza e o vindeiro xoves 15, no local da AVV de Valón.


Lembrar que o cartel deseñado para esta edición das Pepitas 2018 foi un traballo dunha alumna do ciclo de deseño do IES de Leixa, Tamires Escudero Tristao, froito, por primeira vez, dun convenio entre o Concello e o centro de ensino para tecer redes de colaboración. O deseño foi elexido polos propios rondallistas entre varias propostas achegadas desde o IES Leixa e Tamires será a madriña de honra da rondalla do Club de Campo en recoñecemento ao seu traballo.



NOITE DAS PEPITAS 2018


PROGRAMA INSTITUCIONAL DO ACTO NO TEATRO JOFRE


17:00 ACTO INSTITUCIONAL NO TEATRO JOFRE


18:00 ROLDAS POLA CIDADE DESDE A PRAZA DE GALICIA


20:00 a 23:00 horas. FESTIVAL NOITE DAS PEPITAS, Praza de Amboaxe.


Actuarán, por orde:


  • CLUB DE CAMPO

  • AÑORANZAS

  • BOHEMIOS

  • SONIDOS DEL ALBA

  • TROVADORES DE ARES

  • LUCERO DEL ALBA

  • RONDALLA MUGARDESA

  • RONDALLA DE CARIÑO

  • TUNA UNIVERSITARIA, co gallo do seu 30 aniversario.



Rondallistas de honra desta edición 2018:

  1. Jose Luis Valiño Otero,

  2. Juan Amado Castro,

  3. Guillermo Goti Porto,

  4. Juan Brage, Poeta Homenaxeado.

  5. Paco Rivera, Mención Especial.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar