Novas

xoves, 12 de abril de 2018

BEA SÁNCHEZ, ANA DE LA MUELA E INÉS SANTIAGO, TRES MULLERES FINALISTAS A MELLOR DEPORTISTA DO 2017

A XXV edición da Gala do Deporte Ferrolán será o 25 abril as 20:30 horas O concelleiro de Deportes, Suso Basterrechea, subliñaba hoxe o fabuloso estado de forma do deporte femenino na nosa cidade Será unha gala bonita e áxil con mais de 50 premiados, cinco mencións especiais ao mérito deportivo e o recoñecemento s mellores promesas


	
BEA SÁNCHEZ, ANA DE LA MUELA E INÉS SANTIAGO, TRES MULLERES FINALISTAS A MELLOR DEPORTISTA DO 2017

Ferrol, 12 de abril.-   O Auditorio de Caranza acollerá o 25 de abril as 20:30 horas a celebración da 25 edición da Gala do Deporte Ferrolán, que cumpre os 25 anos, para premiar aos mellores deportistas no ano 2017, en relación aos seus méritos e palmarés na pasada tempada.

Nesta ocasión son tres as mulleres finalistas que optan a izar a Carabela de Prata coa que o Concello de Ferrol distingue ao mellor deportista do ano 2017  que, nesta 25 edición, vanse disputar Beatriz Sánchez Marrufo, xogadora de básket do Star Center Universitario Ferrol, a karateka do Renbu-Ka, Ana de la Muela Ploegstra, e Inés Santiago Morón,  do Triatlón Ferrol.

Así o anunciaba hoxe en rolda de prensa o concelleiro de Deportes de Ferrol, Suso Basterrechea, que subliñaba o excelente estado de forma do deporte feminino na nosa cidade, e prometía unha gala do deporte “bonita e áxil”, que recupera a normalidade logo da gala dobre do ano pasado cos premios aos mellores en 2015 e 2016, para compensar unha edición que ficara sen celebrar, e que terá mais de 50 premiados en cada unha das 32 disciplinas deportivas recoñecidas, tres mulleres finalistas, premios as mellores promesas masculina e feminina e catro mencións especiais para o mérito deportivo.

 

O xurado desta 25 edición, reuniuse na Casa do Concello o día 27 de marzo e 3 de abril de 2018 e estivo presidido por don Jesus Basterrechea López, Concelleiro delegado titular da Área de Cultura e Educación, Universidade, Deportes, Turismo e Festas.

 

Actuando como vocais e en representación dos medios: Jose Valencia Moreno, representante de La Voz De Galicia; Santiago Rey Cancela, representante da Cadena Cope; Juan Quijano Yáñez, representante do Diario de Ferrol; Adán Puentes Branco, de Galicia Ártabra dixital; Raúl Salgado Rodríguez, Ferrol 360 e o Técnico de deportes da Universidade da Coruña, Jorge Rivas García, con Cristina Muñiz Lamadrid, coordinadora técnica de deportes, en calidade de secretaria.

 

 

TRES MULLERES FINALISTAS:

 

1. Beatriz Sánchez Marrufo, Star Uni Ferrol.  

2. Ana de la Muela Ploegstra, Rwenbu-Kan,

3. Inés Santiago Morón, Triatlón Ferrol.

 

Procederase a votación de cada un dos membros do xurado, e o peche dos sobres selados, que serán custodiados pola secretaria do xurado ata a súa apertura na propia celebración da XXV Gala do deporte Ferrolán o día 25 de abril de 2018.

 

MELLORES PROMESAS:

 

Lucía Sicre Maside como MELLOR PROMESA FEMININA  e Pedro Osorio López como MELLOR PROMESA MASCULINA do ano 2017.

 

CINCO MENCIÓNS ESPECIAOS AO MÉRITO DEPORTIVO polas excepcionais actuacións deportivas durante o ano 2017 a:

 

-          A Tripulación Xuvenil Masculina  do Club Remo A Cabana; o equipo Cadete do Club Basket School pola asistencias aos Campionatos de España da súas respectivas modalidades.

 

-          O  Club O´Parrulo F.S polo ascenso acadando na tempada 2016 – 2017  a División de Honra da LNFS.

 

 

-          A María Pérez Aráujo, xogadora do Club Universitario de Ferrol, a Dona Camila Alonso Aradas, triatleta Club Triatlon Ferrol

 

-           Don Vicente Romero Carrau pertencente o Club The Camp, polos méritos deportivos acadados durante  a tempada 2016 – 2017.

 

-          A Don Bruno García Formoso pola súa labor  como adestrador e seleccionador de Fútbol Sala de ámbito internacional.

 

 

Ademais, o xurado da XXV Gala do deporte ferrolán acordou distinguir cunha MENCIÓN ESPECIAL POLA SÚA TRAXECTORIA NO DEPORTE FERROLÁN a  Mº Carmen Cabaleiro Bellas, en recoñecemento ao seu papel como unha das pioneiras do Baloncesto Feminino da nosa cidade, e a  Jose Veiga Vilaboa  pola  súa  traxectoria de adestrador e directivo no deporte do Fútbol Sala.

 

Acordase distinguir coa mención  como MELLOR CLUB DE PROMOCIÓN DE BASE o Club Baloncesto costa Ártabra, pola súa labor na promoción da modalidade deportiva de Baloncesto dentro dos escolares da nosa cidade.

 

 

 

 

 

 

RELACIÓN DE PREMIADOS NA XXV EDICIÓN DA GALA DO DEPORTE FERROLÁN:

 

 

1

ATLETISMO

IRENE BARREIRO LÓPEZ

2

ATLETISMO

ALDO REY GÓMEZ

3

AUTOMOBILISMO

JAVIER BOUZA DÍAZ

4

AUTOMOBILISMO

IVÁN BOUZA LAGE

5

BALONCESTO

SAMUEL BARROS GARCÍA

6

BALONCESTO

PATRICIA CABRERA ARGÜELLO

7

DEPORTE ADAPTADO

PEDRO PAZ DÍAZ

8

ESGRIMA 

CLARA AMADO GONZÁLEZ

9

ESGRIMA 

DAVID DEIBE RODRÍGUEZ

10

FUTBOL

MARÍA AMENEIROS YÁÑEZ

11

FUTBOL

AARÓN REY SÁNCHEZ

12

FUTBOL SALA

LAURA DOCE ROMERO

13

FUTBOL SALA

RUBÉN LÓPEZ LÓPEZ

14

GOLF

JOSÉ MARÍA FANTOVA RODRÍGUEZ

15

HALTEROFILIA

JOSUÉ FLÓREZ MARRIAGA

16

HIPICA

SILVIA DÍAZ SANZ

17

HOCKEY PATINES

PABLO BENASACH VIDAL

18

JUDO

NURIA TRILLO VALEIRO

19

JUDO

ADRIÁN MUCIENTES SISTO

20

KAIAC POLO

YOLANDA HERMIDA GÓMEZ

21

KAICAC POLO

ADRIÁN ARTURO HERMIDA GÓMEZ

22

KARATE

ÁNGEL GUILLÉN HERRERO

23

KICK BOXING

CELIA PICO TROITIÑO

24

KICK BOXING

FERNANDO GARCÍA GRAÑA

25

NATACION

CLARA LÓPEZ HERMIDA

26

NATACION

MARCOS GARCÍA SOTO

27

NATACIÓN SINCRONIZADA

CANDELA LÓPEZ RODRIGUEZ

28

PADEL

SILVIA LÓPEZ VIDAL

29

PADEL

BORJA LÓPEZ VIDAL

30

PATINAXE

NOELIA COB ÁLVARO

31

PATINAXE

SERGIO COB ÁLVARO

32

PESCA

IGNACIO GRANDA BRETT

33

REMO

ENMA VÁZQUEZ PURRIÑOS

34

REMO

JOAQUÍN MONTERO GÓMEZ

35

RUGBY

ALEJANDRO REGUEIRA GARCÍA

36

SURF

ISABEL GUNDÍN PÉREZ

37

BODIBOARD

BRUNO MARTÍN CAMPOS

38

TENIS

ANA PITA-ROMERO GRANDAL

39

TENIS

ALEJANDRO VIZOSO ANSEDES

40

TENIS DE MESA

BELÉN SAÑUDO COSTOYA

41

TENIS DE MESA

RUBÉN GARCÍA RODRÍGUEZ

42

TIRO CON ARCO

GUILLERMO J RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

43

TRIATLON

MARÍA DEL CARMEN JIMÉNEZ EZQUERRA

44

TRIATLON

MARCOS RUIZ BRAGE

45

VOLEY

ALEJANDRA SERANTES REY

46

WATERPOLO

CARLA LÓPEZ RODRÍGUEZ

47

WATERPOLO

ÓSCAR MONTES GÓMEZ

48

XADREZ

INÉS PRADO ACEBO

49

XADREZ

ANTONIO PAZOS PORTA

50

XIMNASIA RITMICA

BEATRIZ FERNÁNDEZ PITA

 

 

RECOLLIDA DE CONVITES PARA ASISTIR A GALA 25 de abril 20:30 AUDITORIO DE CARANZA

 

Para asistir a XXV edición da Gala do Deporte ferrolán poderanse recoller os convites na billeteira do Teatro Jofre no horario habitual desde mañá, 13 de abril. O aforo é de preto de 900 persoas.

Cada homenaxeado disporá de tres convites, para el mesmo e dous acompañantes e terán que retiralas antes das 14:00 horas do 23 de abril.
Sábados, domingos e festivos de función, abrirá pola mañá de 11.00 a 13.00 e pola tarde dende dúas horas e media antes do inicio da mesma. 

Cando a función sexa no Auditorio, abrirá de mañá no Teatro Jofre de 11.00 a 13.00 e de tarde no Auditorio, dende dúas horas e media antes do inicio da mesma.

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar