venres, 13 de abril de 2018
COMUNICADO DO GOBERNO LOCAL AO RESPECTO DO BOICOT ÁS ACTUACIÓNS DE MAYUMANÁ
Ferrol, 13 abril.- O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, quixo expresar a opinión do Goberno Local en relación co boicot promovido desde varias asociacións aos concertos que o grupo Mayumaná dará en Ferrol do 20 ao 22 de abril. Deste modo, quere manifestar o seguinte:
1. A condena clara, firme e sen paliativos, da equipa de goberno de Ferrol á política de ocupación levada a cabo polo goberno de Israel sobre o pobo palestino, diferenciando moi claramente entre o goberno e o pobo israelí. Unha ocupación histórica de opresión cruenta que está a vivir, triste e traicamente, nestes días outro dos seus episodios máis sanguentos.
2. Nunca foi intención da nosa programación cultural, que tratamos de facer plural e diversa, a servir de altofalante ou de pantalla normalizadora desta dramática situación que está a vivir o pobo palestino.
3. O concelleiro de Cultura mantivo contacto telefónico con representantes das plataformas que promovoen o boicot ao fin de que a protesta convocada, xusta e lexítima, se desenvolva con normalidade.
4. Desde a área de Cultura trasladouse a imposibilidade de suspender as actuación previstas polas obrigas que impón un contrato legal e por respecto ao público que xa adquiriu as súas entradas.