Novas

luns, 16 de abril de 2018

OITO ESCOLAS DE DANZA DA CIDADE BAILAN XUNTAS

O Concello festexa do Día Internacional da Danza cunha gala participada por todos os estudios da cidade o domingo 29 no Auditorio Para quencer motores, adicase a danza o domingo 22 de cine no Jofre coa proxección de balde de ‘Ballerina’ e ‘El último bailarín de Mao’


 OITO ESCOLAS DE DANZA DA CIDADE BAILAN XUNTAS

Ferrol, 16 de abril.-   O Auditorio de Ferrol acollerá o domingo 29 de abril, as 18:30  unha gran gala na que se implican todas as escolas, estudios e centros de danza da cidade para festexar, como merece, o Día Internacional da Danza.

O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, daba hoxe a coñecer os detalles dos actos organizados desde o Concello de Ferrol co gallo desta data sinalada para as unha das grandes artes nunha rolda de prensa nas dependencias municipais na que estivo acompañado polo representantes das escolas i estudios que se suman a esta iniciativa.

Neste Día da Danza 2018 en Ferrol, participarán 8 centros da cidade, desde a unidade de acción para sumar forzas i esforzos a prol da danza e para o desfrute colectivo.  

“Cómpre destacar que Ferrol é, con diferencia, a cidade de Galicia que conta cun maior número de escolas e centros para nenos e nenas que se adican a danza, cun entramado do que forman unhas 700 persoas, e que nos permite gozar dunha canteira moi importante para esta actividade fundamental no campo cultura do noso municipio”, salientaba hoxe o concelleiro.

“Nos últimos anos vimos facendo unha actividade, para nós moi querida, na que se implican e participan as distintas escolas nunha acción colectiva e que será o acto central do día Internacional da Danza e que centramos no domingo 29 de abril”, manifestou Basterrechea.

A maiores, e para ir quencendo motores, o Concello ten previsto adicar un domingo ao cine de danza no Teatro Jofre cunha dobre sesión, a primeira cunha proxección ‘Ballerina’, enfocada a xente miúda e unha segunda, ‘El último bailarín de Mao’, mais pensada para o público adulto.  

Todo é, por suposto, de balde e unicamente cómpre retirar antes os convites na billeteira do teatro Jofre no horario habitual e nas datas que vos indicamos.

Por último, o concelleiro avanzaba hoxe que no mes de outubro retomaranse as accións coa danza como protagonista na cidade cunhas masterclass que se darán a coñecer no vindeiro outono para que, dun xeito aberto, todos poidan participar desta arte nas rúas e que, por motivos administrativos non se puido levar a cabo co gallo desta data.

“Expresar o agradecemento do Concello polo traballo feito desde a base, e as facilidades para o espectáculo do día 29 de abril. De seguro, será unha gala variada, fermosa e participada por todas as escolas de Ferrol”, rematou.  

ACTOS DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

DOMINGO 22 DE ABRIL,

CINE DE DANZA:

DOMINGO 22 de , Reparto entradas, dúas por persoa, dende o martes día 17 de abril na taquilla do Teatro Jofre, no horario habitual coas seguintes proxeccións infantil e adultos.

17.00 Ballerina 

19.30 El último bailarín de Mao 


DOMINGO 29 DE ABRIL

18:30 AUDITORIO DE FERROL

Reparto entradas, dúas por persoa, dende o martes día 24 de abril na taquilla do Teatro Jofre, no horario habitual de luns a venres de 11 a 13 e de 18 a 20 horas,, e o mesmo día da función na billeteira do Auditorio de Ferrol.

Interveñen as seguintes escolas e agrupacións:

-Danza Paloma

-Asociación Mundo Danza-Jesús Quiroga

-Estudio de Danza Allegro

-Escola Suso Pérez Lago

-Club Renbu-Kan

-Sharkti Danza

-Club Esquio 

-Escola Matilde Pedreira  

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar