VINICIO CAPOSSELA - Son Aloumiños
Sábado 21 abril 2018 - 21:00h
8€ anticipada / 10€ billeteira
A pesar de ser italiano, Vinicio Capossela naceu en Hannover, fillo de pais orixinarios de Irpinia, ao sur de Italia. E aínda que sexa un cantautor, compositor e multiinstrumentista recoñecido tanto no seu país como no estranxeiro, o musical non é o único talento dun artista que tamén é poeta, escritor e, segundo como, ilusionista e home espectáculo.
Non é casualidade que, no seu momento, The New York Times o considerase o músico máis intelixente e máis excéntrico de toda Italia. El mesmo defínese como un "entertainer fantasmagórico" que nos primeiros tempos da súa carreira traballou no teatro e que tamén fixo incursións no xénero televisivo.
A literatura (de Melville a Céline e de Dante a Homero) foi unha das grandes fontes de inspiración deste artista case renacentista con conexións co cinema e a radio. Amante das músicas de raíz e dos sons de sempre, dedicou un disco, Rebetiko Gymnastas, a este estilo musical grego e, en 2013, mesmo produciu e liderou unha xira da Banda della Posta, un grupo de músicos de idade avanzada de Irpinia dedicados á música nupcial.
Agora, dedica o seu último traballo, Canzoni della cupa, á terra dos seus pais. É un traballo dobre formado polos discos Polvere e Ombra. E se no primeiro se mergulla na tradición musical propia do sur de Italia e penetra nun mundo folclórico, rural, mítico e mitológico, no segundo, protagoniza unha experiencia de folk global na que colaborou con artistas que van dos míticos Calexico a Fraco Jiménez, pasando pola folclorista italiana Giovanna Marini.