Novas

xoves, 10 de maio de 2018

APROBADOS OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS PARA O 2018

O documento económico foi aprobado inicialmente esta mañá en pleno extraordinario logo de tres horas de debate co apoio de BNG e PSOE A cifra global ascende a 69.172.261,29 euros coa prioridade na inversión, no gasto social e na creación de emprego público O superávit da liquidación de 2017 deixa un amplo marxe para axilizar as inversións prioritarias “É un día de orgullo. Son os orzamentos mais elevados i expansivos da historia de Ferrol e suporán un salto cualitativo para a nosa cidade”, di Suárez


APROBADOS OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS PARA O 2018

Ferrol, 10 de maio.- Hoxe foron aprobado en pleno extraordinario os orzamentos municipais para o 2018, que ascenden a 69.172.261,29 euros. Son os mais elevados i expansivos na historia da cidade, coa prioridade nas inversións, no gasto social e na creación de emprego público.

A aprobación inicial deste documento económico chega logo dun debate de tres horas, que se iniciaba as 10:00,  e froito dun acordo político cos grupos da esquerda: BNG (2) e PSOE (3), que sumaron os seus votos aos da equipa de Goberno (7). Doce votos en total.

En contra,  pronunciáronse o PP (11) e C´S (1), mentres que a concelleira non adscrita optou pola abstención. A aprobación resolveuse favorablemente en segunda volta co voto de calidade do alcalde, JorgeSuárez.

“É un día de orgullo para a cidade de Ferrol”, manifestou ao termo o alcalde de Ferrol. “Estes non son os orzamentos de Ferrol en Común, nin do PSOE nin do PP, nin de ningún grupo político. Son uns orzamentos para Ferrol, para a cidade e a súa veciñanza e creo que no que queda deste ano e no que ven, haberá investimentos importantísimos que suporán un salto cualitativo e de calidade”, subliñaba.

“Coido que ao fin logramos demostrarlle a cidadanía que cando hai diálogo e se negocia con sentido común e a vista posta na rúa podemos chegar a acordos satisfactorios”, rematou, logo que agradecer o traballo feito polos concelleiros, polos grupos políticos da esquerda ferrolá que se sumaron ao acordo, das forzas sindicais que deron o seu respaldo ao Capítulo I (Persoal) e aos funcionarios municipais, fundamentalmente da Intervención, cun arduo traballo para pechar o documento”, rematou.


ANEXO ENMENDA IN VOCE ORZAMENTOS 2018 GRUPOS PSOE-BNG

 

PRIMEIRO.- Eliminar da consideración como créditos ampliables na base 13ª das de execución do orzamento dos conceptos e aplicacións orzamentarias seguintes:

 

1601.22790

Emafesa sumidoiros

Servizos

30100

1611.22791

Emafesa abast auga potable

Servizos

30000

1601.22793

Emafesa servizo depuración

Servizos

30900

1621.22792

Recollida e tratamto

Servizos

30300

 

 

 

 

 

SEGUNDO.- Dar de baixa a aplicación orzamentaria 07109-1601-22101 por importe de 167.391,83 € e consignar o mesmo nas aplicacións orzamentarias e cantidades seguintes:

 

01002-9334-22706: 25.000 €.  Plan de Usos FIMO

06004-3361-22706: 25.000 €.  Plan de Usos Castelo San Felipe

06004-1511-60900: 25.000 €.   Urbanización Basanta e Espiño

04203-2313-22706: 25.000 €.   Programa Ferrol Emprende en Feminino.

06004-160.1-62100: 67.391,83 €. Saneamento do Medio Rural

 

TERCEIRO.- Incluír no orzamento xeral os gastos relacionados a continuación por importe total de 1.990.000,00 €, financiados con endeudamento (concepto de ingreso: 913.05)

 

06004-1511-61900: 1.000.000,00 €. Pasarela e muro de contención Santa Mariña

07317-3111-63200: 500.000,00 €. Mercado de Caranza

06004-3421-61900: 250.000,00 €. Pista Polideportiva Mandiá

 

06004-1532-61900: 20.000,00 €. Proxecto de mellora da praza Pardo de Cela na Graña

06004-1532-61900: 20.000,00 €. Proxecto de humanización das rúas Nova de Caranza e Manuel Belando

07109-1712-61900: 25.000,00 €. Parque infantil cuberto no Inferniño

06004-1522-61900: 50.000,00 €. Mellora de Recimil

06004-3121-60900: 50.000,00 €. Aparcadoiro gratuíto no CHUF

01002-9334-62200: 25.000,00 € Instalacións S. Xoan Bertón

06004-1532-60900: 25.000,00 € Proxecto do Parque das Vías do Inferniño

06004-3421-61900: 25.000,00 € . Proxecto de área deportiva "A Nave" na Cabana

 

CUARTO.- Modificar o Anexo de inversións incluíndo os anteriores PROXECTOS e que se relacionan a continuación :

 

06004-1511-60900: 25.000 €.   Urbanización Basanta e Espiño

06004-160.1-62100: 67.391,83 €. Saneamento do Medio Rural

06004-1511-61900: 1.000.000,00 €. Pasarela e muro de contención Santa Mariña

07317-3111-63200: 500.000,00 €. Mercado de Caranza

06004-3421-61900: 250.000,00 €. Pista Polideportiva Mandiá

06004-1532-61900: 20.000,00 €. Proxecto de mellora da praza Pardo de Cela na Graña

06004-1532-61900: 20.000,00 €. Proxecto de humanización das rúas Nova de Caranza e Manuel Belando

07109-1712-61900: 25.000,00 €. Parque infantil cuberto no Inferniño

06004-1522-61900: 50.000,00 €. Mellora de Recimil

06004-3121-60900: 50.000,00 €. Aparcadoiro gratuíto no CHUF

01002-9334-62200: 25.000,00 € Instalacións S. Xoan Bertón

06004-1532-60900: 25.000,00 € Proxecto do Parque das Vías do Inferniño

06004-3421-61900: 25.000,00 € . Proxecto de área deportiva "A Nave" na Cabana

 

QUINTO.- A aprobación do orzamento xeral coas enmendas sinaladas supón un incremento de 1.990.000,00 € con respecto a proposta inicial, pasando a cifra global de 67.182.261,29  a 69.172.261,29 €


INVESTIMENTOS FINANCIEIRAMENTE SOSTIBLES, EDUSI E ESPAZO ATLÁNTICO

A capacidade inversora do Concello no 2018, hai que engadirlle unha contía aínda moito mais importante que é froito da liquidación do 2017 e do superávit que se estima en 9 millóns de euros, que se poden destinar a investimentos financeiramente sostible froito do acordo entre o Goberno central e a FEMP.

Cómpren non esquecer os 10 millóns de Fondos europeos EDUSI, compartidos con Narón, e os 550.000 euros que lle corresponden ao Concello de Ferrol como líder do proxecto Espazo Atlántico para a recuperación e revalorización do espazo litoral e do seu patrimonio a fronte do consorcio internacional con outras cidades do arco atlántico europeo como Liverpool, La Rochelle ou Ilhavo, en Portugal.

A maiores, contamos coas as vías abertas coa Deputación provincial (POS, PAS..), e o preacordo co ente provincial e a Xunta de Galicia para incrementar a achega ao Consorcio Provincial para mellorar a dotación humana e técnica do parque de bombeiros, a  posta en marcha dun espazo coworking en Portanova e un albergue de peregrinos en Ferrol Vello.






Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar