Novas

luns, 14 de maio de 2018

17 DE MAIO, A FESTA DAS NOSAS LETRAS EN SANTA ICÍA

Este luns presentamos os actos cos que este ano rendemos homenaxe a María Victoria Moreno e a literatura galega Será este xoves 17 no local da AVV de Santa Icía a partires das 17:30 con lectura de poemas musicados de autores galegos e a actuación das corais Alecrín de Brión e Santa Uxía de Mandía


17 DE MAIO, A FESTA DAS NOSAS LETRAS EN SANTA ICÍA

Ferrol, 14 de maio.- Achegase o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, e desde o Concello de Ferrol hoxe presentamos en rolda de prensa o programa dos actos deseñados co gallo desa data desde a Concellería de Participación e Normalización Lingüística no que se rende homenaxe a María Victoria Moreno Márquez. 


Este ano, tócalle o turno a AVV de Santa Icía (rúa Calvario, s/n),  xa que o acto, tal e como é tradición, faise rotar polas entidades de zona rural. 

Así o explicaron hoxe en rolda de prensa o concelleiro, Álvaro Montes, e Manuel Sendón, na representación dos veciños da zona rural. 

"É o día das nosas letras e como non podía ser doutro xeito, é un un evento centrado na figura de María Victoria Moreno pero tamén en todos os autores galegos como homenaxe a nosa literatura, coa música de dúas corais do municipio", subliñaba hoxe o concelleiro. 

Os actos comezan o xoves as 17:30 horas, no local veciñal de Santa Icía, cunha lectura da biografía da autora homenaxeada. A nota musical ven da mao de dúas corais locais, 'Alecrín' de Brión, e a 'Santa Uxía de Mandía'. 

O peche do acto, corre por conta dunha lectura de poemas de autores galegos musicados a cargo de Alberte e Xoán. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar