Novas

martes, 15 de maio de 2018

O CONCELLO E CÁRITAS ASINAN UN CONVENIO CON KOOPERA PARA A INCLUSIÓN ACTIVA A TRAVÉS DA RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO EN 16 PUNTOS DA CIDADE

O acordo foi asinado este mediodía polo alcalde, Jorge Suárez, e a directora de Cáritas Diocesanas Mondoñedo-Ferrol, Victoria Rodríguez co representante de Koopera Servizos Ambientais Haberá 16 puntos de recollida no municipio para depositar nos contedores roupa, calzado e outros complementos téxtil para a súa reutilización apostando pola xeración de emprego entre os colectivos mais vulnerables desde o respecto ambiental


O CONCELLO E CÁRITAS ASINAN UN CONVENIO CON KOOPERA PARA A INCLUSIÓN ACTIVA A TRAVÉS DA RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO EN 16 PUNTOS DA CIDADE

Ferrol, 15 de maio.-  O Concello de Ferrol ven de asinar un convenio a tres bandas con Cáritas Diocesanas de Mondoñedo-Ferrol e Koopera Servizos Ambientales, S.Coop, para a posta en marcha dun programa téxtil de inclusión activa que procura un obxectivo fundamental: a xeración de emprego entre os colectivos mais vulnerables a través da reutilización de roupa e calzado depositado pola veciñanza en 16 puntos de recollida.

O convenio foi asinado este mediodía na Sala de Comisións do Pazo Municipal polo alcalde, Jorge Suárez, a presidenta de Cáritas Mondoñedo-Ferrol, María Victoria Rodríguez, e por Óscar Pérez Rodríguez, no nome e na representación da Koopera, unha cooperativa de iniciativa social e utilidade pública sen ánimo de lucro que procura a inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables no acceso ao mercado  a través da recuperación e recollida de residuos, entre outras fómulas. 

Foi nunha rolda de prensa na que estiveron acompañados pola concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade, Saínza Ruiz. Con este acordo, expuxeron, promovese a xeración de emprego entre os colectivos desfavorecidos coa recuperación de roupa, calzado e outros complementos téxtil  para preparalos para a súa reutilización e reintroducción no circuíto desde o mais estrito respecto ambiental.

“Desde este momento, a roupa que se deposite nos contedores que se van a instalar en Ferrol, entrarán no proxecto téxtil de recollida, reciclado e reutilización que vai ligado a outro de xestión e xustiza social”, manifestou a presidenta de Cáritas.

Pola súa banda, o representante de Koopera, Óscar Pérez, relatou chegan a Ferrol “avalados pola experiencia e bo resultado doutros territorios” que agora desemboca ena nosa cidade co obxectivo de crear emprego entre as persoas en risco de exclusión”.

O proxecto arrinca con 16 puntos de recollida no municipio e con unha persoa xa contratada, un novo emprego creado coa vontade de ampliar o seu número en breve.

“Lévamos tempo en conversas para darlle forma administrativa a este proxecto que hoxe asinamos aquí e que, coidamos, ten tres patas fundamentais para nós como Administración local que son a protección e coidado medioambiental, a inclusión social de persoas en dificultades e a creación de emprego, cun posto xa creado” manifestou o alcalde, que agradecía hoxe a Cáritas a súa paciencia e colaboración coa Administración local.

Conforme ao convenio, ubicaranse no municipio un total de 16 puntos de recollida téxtil que estarán nas seguintes localizacións, tan axiña como sea posible desde a sinatura:

 

1.- Avenida de Castelao, xunto a CIFP Rodolfo Ucha.

2. Avenida de Castelao, con Marqués de Santa Cruz.

3. Avenida de Esteiro, num 85.

4. Avenida de MacMahon, 12.

5. Praza do Inferniño.

6. Rúa Entreríos, 15

7. Rúa Pontevedra, 17.

8. Rúa San Amaro, 10

9. Estrada de Catabois, 92.

10. Estrada de Catabois, 265.

11. Rúa Maiola, 1.

12. Estrada Porto-A Graña.

13. Rúa Cabana, 41.

14. Avenida Doutor Fleming

15, Rúa Espartero, 15.

16. Atrio parroquia do Pilar, Recimil.


Se queres ver a rolda de prensa, podes facelo no noso Facebook, nesta ligazón:


https://www.facebook.com/ConcellodeFerrol/videos/1720444731385008/



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar