Novas

mércores, 16 de maio de 2018

O CONCELLO ABRE UN PRAZO DE 20 DÍAS PARA QUE A VECIÑANZA FAGA A SÚAS ACHEGAS NA REDACCIÓN DUNHA ORDENANZA DE PROTECCIÓN ATMOSFÉRICA

O primeiro documento de traballo xa está publicado na web municipal para que veciños, entidades, asociacións e colexios profesionais fagan as súas recomendacións antes do 5 de xuño Coas achegas, redactarase un texto normativo para a súa aprobación inicial como ordenanza municipal que pretende regular as emisións odorantes (cheiros) que afecten a calidade de vida da veciñanza


O CONCELLO ABRE UN PRAZO DE 20 DÍAS PARA QUE A VECIÑANZA FAGA A SÚAS ACHEGAS NA REDACCIÓN DUNHA ORDENANZA DE PROTECCIÓN ATMOSFÉRICA

Ferrol, 15 de maio.- O Concello de Ferrol ten a vontade de aprobar unha ordenanza referida á protección da atmosfera fronte á contaminación por formas da materia.

Con este obxecto, este luns 14 foi publicada na web municipal –Sede Electrónica- un documento informativo para a consulta pública que abre un período de consultas de 20 días hábiles para que os cidadáns, entidades, centros educativos, ou asociacións inscritas no Rexistro  poidan facer as súas achegas. Deste mesmo documento deuse conta aos grupos na  comisión ordinaria de Urbanismo e Medio Ambiente do pasado mércores 9 de maio, deu conta do primeiro borrador de traballo para avanzar nesta dirección.

¿Que problemas se pretenden solucionar coa esta iniciativa? No ámbito dunha sociedade cada vez máis participativa e sensibilizada coa problemática medioambiental, existe unha demanda crecente e maior implicación das distintas administracións na protección do ambiente atmosférico e a saúde.

A nivel municipal, a maior parte dos problemas de contaminación atmosférica, e que teñen efectos sobre a poboación, prodúcense pola acción directa de actividades de orixe antropoxénico, esto é pola acción e evolución do home,  xa sexa directa ou indirectamente.

A maior parte destas actividades susceptibles de producir emisións e inmisións (agresión ambiental ou concentración da contaminación nun momento e nun punto concreto) atópanse reguladas por normas xurídicas de orde superior, e as competencias municipais neste ámbito atópanse delimitadas. Non obstante, e dentro dos casos nos que non se promulgou lei estatal ou autonómica en contaminación atmosférica atópanse aqueles casos de emisións á atmosfera de sustancias odorantes (cheiros) susceptibles de xerar molestias aos veciños afectando a súa calidade de vida e benestar.

Con esta ordenanza preténdese establecer o marco normativo local para garantir a calidade atmosférica, regulando as medidas necesarias para previr e corrixir as molestias por cheiros, gases, pos ou fumes e os seus danos. Como administración competente na autorización de actividades económicas atopámonos cunha variada casuística de actividades, situacións e instalacións susceptibles de producir fumes, po, gases, vaos, vapores e cheiros e de provocar molestias ás persoas e bens de calquera natureza. Dentro destas actividades, englobaríanse con carácter xeral, as de hostalería, obradoiros, talleres de entretemento do automóbil, garaxes, comerciais, oficinas, etc., e todas aquelas que precisen dunha evacuación do aire viciado ao exterior.

 

CONSULTA PÚBLICA PREVIA A ELABORACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL DE PROTECCIÓN DA ATMÓSFERA

 

¿Como facer achegas? Os cidadáns, organizacións e as asociacións rexistradas e interesadas en expor as súas consideracións poden facer facernos chegar as súas opinións e suxestións por estas canles no prazo de 20 días hábiles desde a data de publicación na web municipal. Foi publicada o luns 14 co que o prazo remataría o 5 de xuño.

 

¿Cómo facelo? Tres vías:

 

1. Escrito no Rexistro dirixido ao Servizo de Urbanismo e Infraestruturas a través dun destes cauces de participación:

 

2. Correo electrónicoplaneamentoxestion@ferrol.es

 

3. No rexistro telemático do “Portal do cidadán” da Sede Electrónica da web do Concello de Ferrol (www.ferrol.gal), require certificado dixital ou DNI electrónico

 

http://www.ferrol.gal/Sede/ConsultasPreviasAmpliar/ 
NESTA LIGAZÓN NA NOSA WEB TES TODA A INFORMACIÓN QUE PRECISAS:

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar