Novas

mércores, 16 de maio de 2018

'11 VIDAS EN 11 MALETAS', UNHA MOSTRA SOBRE OS DEREITOS DOS REFUXIADOS DESEMBARCA ESTE LUNS NO CTB

O Concello de Ferrol, o Colexio de Avogados de Ferrol e Cáritas Diocesanas Mondoñedo-Ferrol colaboran nesta exposición que abre o luns 21 as 19:00 horas A mostra poderase visitar ate o 7 de xuño no centro cultural



'11 VIDAS EN 11 MALETAS', UNHA MOSTRA SOBRE OS DEREITOS DOS REFUXIADOS DESEMBARCA ESTE LUNS NO CTB

Ferrol, 16 maio.- Este mércores presentamos en rolda de prensa a exposición '11 vidas en 11 maletas", que este luns 21 abre as súas portas no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol. 

Unha mostra centrada na defensa dos dereitos dos refuxiados que combina imaxes eobxectos para relatar 11 historias de vida (en 11 maletas) e que conta, ademais, cos testemuños persoais de persoas como Helena Maleno, Mónica bernabé, Lorenzo Milá, Gervasio Sánchez, Lorenzo Silva ou Jon Sistiaga, que coñecen e traballan sobre os territorios en conflicto dos que proceden os 65 millóns de persoas que tiveron que fuxir dos seus fogares pola guerra. 

Na exposición, como pequena mostra do que acontece, cóntanse as historias de Aladín, Iboun, Imán, jeanne, Karim, Morad, Suleika, Nya, Sajad, Zeinab e Libertad. 11 persoas, 11 nomes, 11 historias que son moitas historias e moitos nomes. 

Na presentación, hoxe compatiron espazo as representantes das tres entidades que colaboran nesta mostra: a concelleira de Benestar Social, Saínza Ruiz, a decana do Colexio de Avogados de Ferrol, Nieves Santomé, e a presidenta de Cáritas Diocesanas Mondoñedo-Ferrol, María Victoria Rodríguez na presentación da exposición "11 vidas, 11 maletas", centrada 

A mostra, que recala en Ferrol logo de estar en Pontevedra, ábrese 
este luns 21 de maio no Centro Torrente Ballester as 19:00 horas, e poderá visitarse do 21 de Maio ao 7 de Xuño. Esta mostra está organizada polo Concello en colaboración con Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol, e do Colexio de Avogados da cidade. 

"Temos que ter a responsabilidade institucional, alomenos, co apoio a arte, de reflectir o que alí se está a viver e sufrir a través do traballo de moitos xornalista, videográfos que fan un traballo complexo neses países, que parece que nos quedan moi lonxe pero non hai tanto, nós tamén tivemos que fuxir dunha guerra", manifestou a concelleira de Igualdade. 

"E unha mostra que achega moitos puntos de vista, tanto femininos como de persoas maiores, e temos que agradecer tanto a Cáritas como ao Colexio de Avogados, ter apostado por esta exposición", rematou Ruiz. 

No audio fala primeiro a presidenta de Cáritas e, a continuación, a concelleira de Benestar.  Podedes ver parte da rolda de prensa nesta ligazón no noso FB: 

https://www.facebook.com/ConcellodeFerrol/videos/1721373114625503 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar