Novas

luns, 11 de xuño de 2018

A MANCOMUNIDADE ASINA UN CONVENIO CON ASFEDRO PARA A REINSERCIÓN DE DROGODEPENTES

Foi asinado este mediodía polo alcalde de Ferrol e presidente da Mancomunidade, Jorge Suárez, e a presidenta de Asfedro, Sari Alabau en presenza dos rexedores O ente supramunicipal achega neste 2018 unha axuda de 15.099,40 euro para a xestión da reinserción de reclusos drogodependetes, un segmento desprotexido e carente de coberturas a espera da transferencia da sanidade penal as comunidades autónomas


A MANCOMUNIDADE ASINA UN CONVENIO CON ASFEDRO PARA A REINSERCIÓN DE DROGODEPENTES

Ferrol, 11 xuño.-  A Mancomunidade de Concello da Comarca de Ferrol ven de asinar este mediodía un convenio de colaboración con Asfedro, a Asociación Ferrolá de Drogodependencias, para a xestión de reinserción de reclusos drogodependientes,  unha cuestión que en Galicia carece de cobertura xurídica, a falla de que se concrete e se complete a transferencia da sanidade penal as CCAA,  que está a ser prestada por entidades como a ferrolá sen apenas recursos específicos para este fin.

O convenio, que terá vixencia neste ano 2018, foi asinado este mediodía no Salón de Recepcións do Pazo Municipal de Ferrol polo alcalde e presidente da Mancomunidade, Jorge Suárez, e a presidenta de Asfedro, Sari Alabau, en presenza do resto de alcaldesas e alcaldes que integran este ente mancomunado como as rexedoras de Narón e Mugardos, Marián Ferreiro e Pilar Díaz, e os primeiros edís de Cabanas, Ares, Valdoviño, Fene, entre outros representantes.

A Mancomunidade fai unha achega de 15.099, 40 euros neste ano 2018 a entidade ferrolá que loita contra as drogadiccións para contribuír ao financiamento da súa actividades, con especial atención a este segmento que estaba particularmente desprotexido na espera da transferencia das competencias en materia de sanidade penal a comunidade autónoma galega, agardando a que a Xunta, a través do Sergas, revise os seus protocolos de actuación para “a normalización asistencial e orzamentaria da atención ao colectivo de persoas encarceradas”.

Tal e como se expuxo hoxe na sinatura do acordo -previa a celebración do pleno ordinario da Mancomunidade correspondente ao mes de xuño que se desenvolveu na Sala de Alcaldes-, ASFEDRO realiza desde hai máis de 15 anos un programa de intervención en centro penal no cárcere de Teixeiro e colabora coa implantación de medidas alternativas ao encarceramento para persoas en terceiro grao penal e liberdade condicional co Centro de inserción social da Coruña.

Estas actividades favorecen a continuidade terapéutica dos tratamentos de adiccións no medio penal e a motivación dos usuarios dos mesmos para cumprir as condicións para obter beneficios penais (ausencia de partes disciplinarios, adaptación ao medio penal, adhesión aos programas de tratamento, resarcimiento das vítimas, etc.)

Tal e como se recolle no convenio asinado este luns 11, cando un usuario alcanza a clasificación de terceiro grao penal por decisión da Xunta de tratamento, incorpórase a un programa de seguimento en ASFEDRO ben en réxime residencial (Comunidade Terapéutica) ou semi-residencial (Unidade de día) que implica a coordinación continuada con Institucións penais para a monitorización da evolución do usuario.

“Esta intervención intensiva repercute na calidade de vida do usuario (que accede a medidas de tratamento médico e psicosocial e a actividades de formación e inserción) o que favorece a normalización do seu estilo de vida e a súa integración familiar, laboral e social reducindo o risco de recaída e de reincidencia no delito, cun beneficio social”, subliñan desde Asfedro.

“En Galicia esa asistencia préstana Concellos e ONGs como ASFEDRO que non reciben financiamento específico para atender a usuarios que, por esta duplicidade, están fóra do circuíto asistencial”, sublimaba hoxe o rexedor, Jorge Suárez, para alabar que só a vontade de entidades como ASFEDRO na área Sanitaria de Ferrol e ALBORADA na área Sanitaria de Vigo, compensa esta desigualdade.

O convenio asinado hoxe entre a Mancomunidade e Asfedro persegue os seguintes obxectivos:

1. Maximizar as taxas de incorporación a programas de tratamento de adiccións.

2. Deseñar programas individualizados de tratamento psicosocial.

3. Incorporar a actividades formativas e ocupacionais.

4. Prolongar a intervención tra-la obtención de la liberdade definitiva.

5. Divulgar a través dos medios de comunicación as características desta intervención e os seus resultados.

6. Describir e investigar o impacto destes programas no benestar colectivo (aforro de gasto asociado á actividade delictiva).

7. Mantemento da continuidade terapéutica do tratamento de adiccións que seguían os usuarios previo ao encarceramento.

8. Reconsideración ou iniciación do tratamento en caso de ser insatisfactorio antes do ingreso en prisión. 9. Deseño de intervencións alternativas á privación de liberdade para evitar a recaída no consumo e a reincidencia delictiva tras do cumprimento da pena.

Desde a entidade ferrolá aspiran a atender a 75-100 usuarios no medio penal pertencentes aos concellos mancomunados, deseñar de 3 a 4 intervencións terapéuticas e coordinar intervencións co institucións penais, entre outras cuestións, en tres fases de traballo (divulgación, execución e avaliación).

Doutra banda, o pleno da Mancomunidade deu conta da sintatura do convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia para a promoción do XeoDestino Ferrolterra 2018 e 2019, así como dar conta dunha subvención da Deputación da Coruña para a mellora da calidade e competitividade das actividades turísticas neste ano 18.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar