Novas

luns, 11 de xuño de 2018

O GOBERNO APROBA OS PROXECTOS PARA A PISTA POLIDEPORTIVA DE MANDIÁ, A REURBANIZACIÓN DE ESPARTERO E A IV FASE DOS PASOS PEONIS

A Xunta Local de Goberno tamén deu luz verde ao proxecto para iniciar as obras de mellora de accesibilidade nos centros deportivos i escolares públicos


O GOBERNO APROBA OS PROXECTOS PARA A PISTA POLIDEPORTIVA DE MANDIÁ, A REURBANIZACIÓN DE ESPARTERO E A IV FASE DOS PASOS PEONIS

Ferrol, 11 xuño.-  O Goberno de Ferrol aprobou hoxe o proxecto básico e de execución para a construcción dunha pista polideportiva en Mandiá, cun orzamento de 287.994,80 euros (Ive engadido). Unha infraestrutura prioritaria para o Concello de Ferrol que será unha realidade para dar satisfacción a unha demanda veciñal histórica e froito dun acordo do pleno da Corporación.

O alcalde, Jorge Suárez, comparecía hoxe en rolda de prensa ao termo da XGL para dar conta dos proxectos aprobados polo Ejecutivo local. Ademais do impulso definitivo a pista polideportiva de Mandía, na Xunta de Goberno deste luns tamén se deu luz verde ao proxecto de reurbanización da rúa Espartero, en Ferrol Vello.

O investimento para esta actuación ascende a 594.569,37 euros,  nunha aposta decidida polo barrio nuclear da cidade, que xa comezara neste mandado pola rúa Manuel Comellas –paralela a Espartero- e que terá continuidade na rúa Carmen Curuxeiras, tal e como figura nos compromisos orzamentarios adoptados para este 2018.

 

MELLORA DA ACCESIBILIDADE DE CASE 700 PASOS DE PEÓNS EN IV FASES

 

A mesma XGL deste luns deu luz verde ao proxecto básico de execución, e estudo de seguridade e saúde para iniciar a IV fase das obras de mellora da accesibilidade de cruces de peóns, desta volta nos barrios de Catabais, Canido, A Malata-Porto e Ensanches A e B. Abrangue un total de 238 pasos e parte cun orzamento de licitación de 331.121,15 euros.

 

Esta actuación da continuidade as xa ejecutadas (Fase I e II) ou en marcha (Fase III), como quedou de manifesto o pasado luns 4, coa aprobación do Plan de Seguridade e Saúde para o inicio, inmediato, dasobras de mellora de accesibilidade de cruces de peóns, na Fase III, con 248 pasos, na marxe esquerda da Estrada de Castela, de  Inferniño ate o barrio de San Xoán. Unha obra xa adxudicada por 333.056,33 euros cun prazo de execución de seis meses desde o inicio.

 

Na II fase, foron 167 pasos por 265,641  euros, e 38 pasos mais nunca I Fase, en 2015, entre Recimil, Esteiro e Taxonera por 60.309 euros. En total, sumadas as catro fases feitas i e proxecto, o número total de pasos de peóns reformados para unha cidade mais accesible achegase a 700 cun investimento feito (e previsto) estimado en 673.000 euros. “Debemos estar orgullosos deste proxecto a nivel de cidade”, salientaba hoxe orexedor.

OBRAS DE MELLORA DA ACCESIBILIDADE NOS CENTROS DEPORTIVOS I CEIPS

Ademais, o Goberno aprobou hoxe o proxecto que da inicio as obras de mellora de accesibilidade nos catro centros deportivos i no entorno dos centros escolares, como parte do programa Camiños Escolares Seguros.

Tal e como explicara a concelleira de Urbanismo, María Fernández Lemos, “as obras de urbanización na mellora do entorno dos CEIP implican, entre outras cuestións,  a elevación de pasos peonís para a regulación do tráfico, zonas de aparcadoiros exprés en determinadas horas de entrada e saída dos centros, para que os pais teñan unha zona próxima na que achegar aos pequenos e que estes poidan facer o resto do percorrido de forma segura sen que se cause unha distorsión no tráfico rodado”.

No que atinxe a mellora na accesibilidade aos centros deportivos: A Malata, Esteiro, Caranza e Ensache, o proxecto aprobado hoxe conta cun investimento de 192.000 euros e redactouse con separatas para poder acometelo de xeito áxil e progresivo. Na súa redacción, atendéronse as achegas feitas por ASCM e Diversidade Funcional para mellorar os percorridos interiores, tanto horizontais como verticais, aseos, vestiarios e gradas.

Por último, a XGL validou unha relación de tres facturas por importe de 10.949,05 euros  por distintos servizos, como a compra de medicamentos para usuarios de Benestar Social que os precisan, e que non os teñen cubertos pola Seguridade Social.


LIGAZÓN  AO VÍDEO DA RP

https://www.facebook.com/ConcellodeFerrol/videos/1747025375393610/

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar