Novas

mércores, 13 de xuño de 2018

O CONCELLO VIXIARÁ OS CUMPRIMENTO DOS REQUERIMENTOS FEITOS A ADIF NA REPARACIÓN DA ACTUAL PASARELA PEONIL DE SANTA MARIÑA

Os traballos comenzaron onte coa colocación das proteccións laterais para garantir a seguridade e retomaranse en breve para os remates e igualar o pavimento de formigón i escadas cun tratamento específico


O CONCELLO VIXIARÁ OS CUMPRIMENTO DOS REQUERIMENTOS FEITOS A ADIF NA REPARACIÓN DA ACTUAL PASARELA PEONIL DE SANTA MARIÑA

Ferrol, 13 xuño.- O luns 11 comezaron no barrio de Santa Mariña os traballos de reparación da actual pasarela peonil de Santa Mariña. Foi a resposta de ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) a orde de execución remitida desde a Concellería de Urbanismo e Mobilidade do Concello de Ferrol, con datas 28.02.18 e 23.03.18,  para garantir a seguridade dos peóns nesta vía que cose dous barrios da cidade.

 

As obras, tal e como indicaba hoxe a concelleira María Fernández Lemos, consisten na colocación das necesarias proteccións laterais, así como igualar o pavimento con tratamento específico para o formigón na pasarela e nas escadas. 


Por mor da meteoroloxía adversa da xornada de onte, chuviosa e moi húmida, non foi posible aínda rematar os traballos, que se retomarán de seguido xa que o o formigón aplicado require duns tempos que precisan de secado.

 

Precisar que as protección laterais colocadas en ambos laterais da pasarela peonil cumpren escrupulosamente coa normativa actual e garanten o paso dos veciños con total seguridade, un paso que ate o momento, e lamentablemente, tiñan pechado por extremar todas as precaucións habida conta do risco que implicaba a falla de barandillas para evitar accidentes. A instalación das mesmas non rematou e reanudarase en breve para completar a intervención na seguridade deste paso peonil. 

 

Por último, apuntar que esta pasarela é unha infraestructura de máis de 50 anos que non cumpre coa accesibilidade desexada por este Goberno, obviamente, pero está aí  e presta un servizo importante os veciños do barrio, no sentido de axilizar o paso e acortar os tempos.

 

Cómpre dicir que o Concello de Ferrol, a través da área de Urbanismo e cos recursos técnicos municipais, estará vixiante no cumprimento deste requirimento feito a ADIF, para que Fomento execute o seu compromiso como procede.

 

A veciñanza, tal e como se comprometeu este Goberno, verá mellorada a conexión entre Santa Mariña e o Ensanche coa construcción dunha nova e moderna pasarela accesible, entre as rúas Loureiro e Seselle. Para que esta infraestrutura sexa unha realidade, resta que ADIF remita a Urbanismo o informe preceptivo que se lle solicitou o pasado 2 de maio, tal e como recordaba este luns o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, coa vontade de licitar unha obra xa proxectada e dotada orzamentarias nas contas do 2018.

 

Tal e como se avanzara na súa presentación ante a propia veciñanza en Santa Mariña o 13 de marzo, a futura pasarela peonil de Santa Mariña, para conectar este barrio co Ensanche A, desde o Camiño Laxeiro ate a Rúa Seselle, terá un ancho de tres metros e un custo de 668.236,35 euros (IVE Incluído), que se acometerá con fondos propios do Concello, con cargo aos ornamentos municipais do 2018  no prazo de seis meses desde a súa adxudicación,  coa vontade de que esta nova conexión peonil -peóns e bicis- estea rematada na primavera do 2019.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar