Novas

mércores, 13 de xuño de 2018

ELI PAPERBOY, NO AUDITORIO E ‘LA HABITACIÓN ROJA’, NO TEATRO JOFRE: DÚAS OPCIÓNS, UNHA CIDADE MESMA FIN DE SEMANA

O concerto de Eli será o sábado 16 as 21:00 horas no Auditorio e na véspera, no Jofre, concerto en acústico a mesma hora


ELI PAPERBOY, NO AUDITORIO E  ‘LA HABITACIÓN ROJA’, NO TEATRO JOFRE: DÚAS OPCIÓNS, UNHA CIDADE MESMA FIN DE SEMANA

Ferrol, 12 xuño.- Dúas opcións: unha cidade, mesma fin de semana. Na recta final cara o verán, a programación cultural deste primeiro semestre do ano chega coa traca final que desembarcará este sábado no Auditorio (16 xuño as 21:00 horas) da man de Eli Paperboy. Todo un luxo de artista que recala na nosa cidade nun concerto que promete ser único e inesquecible, como xa van tantos.

 

Un día antes, o teatro Jofre, acollerá o concerto en acústico de ‘La Habitación Roja’, unha banda mítica do pop español que regresa a nosa cidade cun novo disco baixo o brazo ‘Memoria’.  Será o venres 15, as 21:00 horas. E como remate a unha finde musica, o domingo no Auditorio, derradeiro concerto da Banda Municipal no ciclo de Primaveira 2018 cun recital, como sempre, de balde coas portas abertas ao público familiar cun programa que o director, Narciso Pillo, denominou como ‘Música para a paz’.

 

ELI PAPERBOY, sábado 16 21:’00 horas Auditorio


Eli Paperboy naceu para romper moldes: un branco de Massachussets que no século XXI soa ao micrófono como un negro de Alabama hai 50 anos.

O soul ‘para todos os públicos’ deste mozo pódese tocar case coas mans. É visceral e absorbente. Da escola de Stax Records, onde as gravacións gardaron o éxito da entrega ao mesmo tempo que se axustaban instrumento e voz dentro una mesma emoción.

 

LA HABITACIÓN ROJA, Venres 15 21:00 Teatro Jofre

 

Tras celebrar o 20º aniversario da banda por todo o alto,  regresa para presentar, en acústico, e tras a feliz recuperación do seu cantante Jorge, o seu último disco Memoria.  Unha banda imprescindible que crece disco tras disco, con uns directos que son karaokes masivos e que segue a sumar clásicos a un repertorio extraordinario. 


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar