Novas

xoves, 14 de xuño de 2018

FERROL OFRÉCESE COMO CIDADE ACOLLEDORA PARA TECER UNHA REDE DE SOLIDARIEDADE AOS REFUXIADOS

A concelleira de Benestar Social manifestou que Ferrol pon os recursos municipais a FEMP para acoller aos refuxiados do ‘Aquarius’


FERROL OFRÉCESE COMO CIDADE ACOLLEDORA PARA TECER UNHA REDE DE SOLIDARIEDADE AOS REFUXIADOS

Ferrol, 13 xuño.- O Goberno de Ferrol fixo hoxe público o seu ofrecemento como cidade acolledora para tecer unha rede de solidariedade entre Administracións e cidades municipalistas para acoller aos refuxiados, situación na que se atopan agora mesmo as persoas que viaxan no buque ‘Aquarius’.

Os concelleiro de Benestar Social e Cultura, Saínza Ruiz e Suso Basterrechea, verbalizaron hoxe a disposición deste cidade a colaborar na acollida de persoas refuxiadas e  a cooperar co Goberno central. A FEMP remitiu ao Concello unha comunicación a que se respostará de xeito positivo ofrecendo todos os recursos e medios municipais a disposición dos refuxiados.

“Temos que implicarnos nun problema que é moito mais complexo, e moito maior pero non podemos permitir que un buque cheo de persoas en situacións límite ande vagando por toda Europa sen que os estados membros actúen e mesmo vulnerando o dereito internacional ao asilo”, manifestou Ruiz, quen lembrou que non hai tantos anos, “nós tamén fuxiamos dunha guerra e non se nos pecharon as fronteiras”.

“Xa que o Goberno anterior non cumpriu nin mínimamente coa cota asignada, celebramos este cambio de postura, cando menos no xesto de acoller o buque, e dende logo que traballaremos coas outras Administración para organizar a acollida e a integración real na nosa cidade. Procuraremos prestar todos os nosos recursos e medios a este fin”, rematou Ruiz.

“Creo que é o mínimo que hai que facer e, Ferrol, por suposto e como non pode ser doutro xeito, estará a disposición cos recursos e medios propios en colaboración con outras Administracións, para que a integración sexa plena”.  

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar