Novas

xoves, 14 de xuño de 2018

FERROL RENDE HOMENAXE A PEDRO GUIMAREY, ESCRITOR E POLÍTICO ASESINADO NO 1936

O alcalde descubrirá esta tarde unha placa na súa memoria na esquina das rúas Rubalcava e María, preto de onde naceu o xornalista ferrolá


FERROL RENDE HOMENAXE A PEDRO GUIMAREY, ESCRITOR E POLÍTICO ASESINADO NO 1936

Ferrol, 14 xuño.- O Concello de Ferrol vai render esta tarde unha homenaxe ao escritor, xornalistas e político ferrolán Pedro Guimarey Filgueiras (Ferrol 1905-1936), asasinado polos falanxistas en setembro de 1936,

 

O acto institucional comezará esta tarde, xoves 14, as 19:00 co descubrimento dunha placa na Pazo Municipal (esquina rúa Rubalcava con María), i estará presidido polo alcalde de Ferrol, Jorge Suárez. 

 

Pedro Guimarey naceu no número 58 da rúa Rubalcaba e foi asasinado pola súa condición de demócrata republicano o 20 de setembro do 1936.  Con reste recoñecemento público, o pobo de Ferrrol honra a memoria das persoas que deixaron a súa vida na defensa da legalidade vixente e da liberdade na Segunda Republica. 

 

Unha hora despois, as 20:00 horas, terá lugar un un acto na súa lembranza no Centro Cívico de Canido, da ASC Muiño do Vento, que ven tempo traballando para que a homenaxe a Pedro Guimarey teña o recoñecemento que merece. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar