Novas

xoves, 14 de xuño de 2018

FERROL SÚMASE AO DÍA INTERNACIONAL DO IOGA CUNHA SESIÓNS ABERTAS E DE BALDE NO PARQUE ANTÓN VARELA DE CANIDO

Será o sábado 23 de xuño en varias sesións de ioga en parella, en familia ou ioga dinámico coa colaboración de ACOF e Mandala Estudio Cómpre presentarse a hora indicada con roupa cómoda, esterrilla para o chan o moitas ganas de aprender, probar e desfrutar


FERROL SÚMASE AO DÍA INTERNACIONAL DO IOGA CUNHA SESIÓNS ABERTAS E DE BALDE NO PARQUE ANTÓN VARELA DE CANIDO

Ferrol, 14 xuño.-  O vindeiro xoves 21 de Xuño celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Ioga, e co gallo desta data e para unirnos a esa celebración, desde o Concello de Ferrol, a través da área de Cultura e Festas, abrimos unha colaboración co Mandala Estudo de Ioga e ACOF levar o ioga á rúa e para a súa práctica ao aire libre na xornada do sábado 23 nun escenario singular: o parque Antón Varela de Canido.

 

Na sesión da mañá, este espazo no barrio de Canido, na traseira do IES, será o escenario natural para a práctica desta actividade desde as 10:30, cunha clase de Hatha Ioga para adultos, unha práctica adaptada para calquera participante haxa ou non practicado ioga con anterioridade. 


As 11:45 será momento de que os máis peques poidan iniciarse nesta práctica xunto aos seus irmáns, nais, pais, avós, curmáns e demais, nunha sesión de Ioga en Familia. 


Por último, as 12:45 haberá unha clase de ioga en parella enfocada de novo aos adultos na que os participantes gozarán dunha práctica de ioga en parella, esto é, entre dúas persoas. 

 

Para máis información e inscricións pódese enviar un correo a infomandalaferrol@gmail.com ou chamar ao 616 647 233. Tan só será necesario levar unha esterilla e roupa cómoda e moitas ganas. É de balde.

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar