Oficina Virtual Tributaria

Oficina Virtual Tributaria

Ao contribuinte se lle permite acceder de forma segura, en tempo real, a consultar ou realizar as seguintes operacións:

  • Con certificado dixital ou DNIe

    • A súa información ou conta tributaria sen esixir unha segunda acreditación
    • O seus valores en voluntaria, executiva ou os que estén incluidos nun expediente de apremio
    • Os seus expedientes de xestión e o estado de tramitación dos mesmos
    • Os seus bens que constitúen obxectos tributarios (inmobles, vehículos, etc)
    • Localización na cartografía oficial de Catastro dos inmobles
    • Domiciliación dos seus recibos
    • Autoliquidación por alta de vehículos, valos e peche de rúas, expedición de documentos administrativos e pago de taxas de procesos de selección de persoal.
    • Pago de recibos
    • Modificación ou ampliación de algúns datos personais (dirección, data de nacemento, teléfonos fixo e móbil, fax e correo electrónico)
    • Consulta de recibos anulados
    • Xustificante de recibos pagados
    • Impresión de documentos cobratorios

  • Sen certificado dixital

    • Consulta de cargos en conta de recibos en voluntaria
    • Consulta do detalle de parcelas de IBI Rústica
    • Obter documento de pago de recibos en período voluntario
    • Autoliquidacións

Acceso á Oficina Virtual Tributaria

Banca electrónica

Clientes ABANCA ou BBVA

Sen certificado dixital. Para clientes de banca electrónica de ABANCA ou BBVA.

Non é necesario coñecer os datos do recibo.

Unha vez identificado na banca electrónica, ao contribuinte, de forma segura se lle permite acceder en tempo real a consultar ou realizar as mesmas operacións que co acceso con certificado dixital a través da Oficina Virtual Tributaria.

Acceso ABANCA

Acceso BBVA

TPV Virtual

Clientes de calquera entidade bancaria

Pago de recibos sen certificado dixital para clientes de calquera entidade bancaria.

É necesario coñecer os datos do recibo a pagar.

Acceso ao TPV Virtual

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar