Taboleiro Edictal de Sancións de Tráfico (TESTRA)

Desde o 17 de marzo de 2014, o Concello de Ferrol atópase de alta no Tablón Edictal de Sanciones de Tráfico (TESTRA). Isto supon:

1. Que xa non se publicarán nos boletíns oficiais nin no Tablón de edictos do Concello todas aquelas notificacións en materia de tráfico que non puideron ser practicadas no domicilio do interesado, é dicir, naqueles casos nos que o interesado resulta descoñecido ou se atopara ausente do seu domicilio.

2. Que transcorrido o prazo de vinte días naturais desde que a notificación se publicara no TESTRA, entenderase que ésta foi practicada, dándose por cumprido dito trámite e continuándose co procedemento sancionador.

Acceder a TESTRA

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar