Ferrol + conectado

Se queres estar ao día de toda a actualidade municipal, taboleiro de anuncios, axenda cultural, musical e de lecer, avisos, incidencias, etc. agora podes unirte a "Ferrol + conectado", a canle de difusión de información por Whatsapp do Concello. O funcionamento é moi sinxelo:

  1. Engade este número aos teus contactos: 608736834
  2. Mándanos un whatsapp coa palabra "Alta" seguida do teu nome e apelidos
  3. Recibirás un máximo de 2 mensaxes ao día

Trátase dunha lista de difusión, non dun grupo, polo que recibirás cada mensaxe de forma individual e ninguén máis terá acceso aos teus datos. Podes cancelar a suscrición en calquera momento enviando un Whatsapp coa palabra "Baixa" seguida do teu nome e apelidos. Como canle de difusión, non é para facer consultas ou preguntas, só para recibir contidos. Para contactar co Concello, podes presentar un escrito en Rexistro, chamar ao 981944000 ou escribir a atencioncidada@ferrol.es.

De conformidade co establecido no Art. 5 da Lei Orgánica 15/1999 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos de carácter persoal subministrados por esa vía serán incorporados a un ficheiro propiedade do Concello coa única e exclusiva finalidade de xestionar o servizo descrito. Pode exercitar en calquera momento os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de conformidade co establecido na Lei 15/1999 ante o Concello como responsable do ficheiro a través dos seguintes medios: mensaxe de Whatsapp ao 608736834 ou correo electrónico dirixido a baixaservizoinformacion@ferrol.es acompañado de copia do seu DNI, Pasaporte, NIE ou documento de identificación equivalente.

Ferrol + conectado

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar