Necesidades |
-Transporte das obras pictóricas que comporán a exposición antolóxica do pintor Jorge Llorca no Centro Torrente Ballester.
-Todas as obras deberán ser embalads egundo as especificacións dos centros prestadores ou coleccionistas privados.
-A embalaxe realizarase nos centros, baixo a supervisión dos equipos de restauración destes podendo ser supervisado tamén o transporte e a desembalaxe das obras no Centro Torrente Ballester por un correo, designado polo propio centro prestador.
-As condicións de embalaxe estableceranse, como mínimo, coa utilización de papel tissue, bullcraft e papel burbulla.
-O transporte realizarase dende o lugar de recollidas das obras ata o Centro Torrente Ballester de Ferrol, onde se recepcionarán e desembalarán para a exposición. Unha vez rematada a exposición, deberán ser embaldas de novo e transportadas ata os centros prestadores.
-Os itinerarios establecidos, así como as obras a recoller en dada un deles, son os seguintes:
1. Ferrol
-Doniños: recollida de 90 obras na casa do artistas
-Ferrol: Sen título: Acrílico/tea (77x90)
2. A Coruña: 2 obras en un só domicilio :
- "Serie amarilla-verano". Acuarela/Papel (102x152)
- Sen título: óleo/táboa (81X81)
3. Bergondo: "Granadas para Maiokovski" óleo/táboa (122x162)
4. Oleiros: "Froitos da luz" óleo/táboa (81x100)
5. Culleredo: "Flores para Matisse-I" óleo/mista/táboa (110x110)
6. Cambre: 2 obras nun só domicilio
-Sen título. Debuxo grafito-papel 50x70 cm
-Sen título. Acuarela-papel 50x70 cm
7.Lugo: 2 obras nun só domicilio
-"Clausura". óleo/táboa (81x100)
-"Hortus Sanitatis". óleo/táboa (81x100)
8. Outeiro de rei: "Serie amarilla-Otoño". Acuarela/papel (102x152)
9. Vigo
Afundación
-"Un día en Penencia". óleo/táboa (122x162)
- "Elogio de la sombra". mixta/táboa (122x121)
Museo Quiñones de León. óleo/lenzo (114x146)
As obras desta última cidade deberán ser embaladas con tissue, bullkraft, tapas de cartón e cantoneras e as obras deben viaxar nun camión climatizado. |